Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xuño de 2012

    Dúas ONG que traballan separadamente para promover o hindi e o urdú uníronse para asegurar que unha gran parte das obras de cada unha destas linguas poida ser compartido polos amantes da literatura. Para asegurar isto, traducirán as obras de poetas e escritores contemporáneos de forma gratuíta.

    Fonte: DNA Indie

    04 de xuño de 2012

    Grazas a un grupo de estudantes da Universidade de Houston, as persoas xordas poderán comunicarse máis facilmente cos que non entendan lingua de signos. Durante o pasado semestre, os estudantes de Enxeñería Tecnolóxica e Programas de Deseño Industrial uníronse para desenvolver o concepto e prototipo de MyVoice, un aparato que le lingua de signos e traduce os movementos a palabras audibles.

    Fonte: Bits Of Science

    04 de xuño de 2012

    A síndica de Greuges (valedora do Pobo) de Barcelona, María Assumpció Vilá, informou de que desde 2006 recibira só dez reclamacións polo uso do catalán ou o castelán no Concello, o que “amosa que non supón un problema” na relación entre o consistorio e os cidadáns.

    Fonte: Europa Press

    04 de xuño de 2012

    A Consellería de Educación, Formación e Emprego pedirá por primeira vez, centro a centro, a opinión das familias sobre o modelo lingüístico que queren para os seus fillos, dentro do novo plan de plurilingüismo que porá en marcha o próximo curso, en todos os centros públicos e privados concertados que o soliciten.

    Fonte: El Mundo

    04 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, animou o alumnado de educación secundaria e de bacharelato “a seguir producindo materiais audiovisuais en galego e a dinamizar a lingua propia de Galicia en todos os ámbitos das súas vidas”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xuño de 2012

    O certame de declaracións de amor na rede, convocado polas consellerías de Cultura e Educación e Traballo e Benestar -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente- con motivo da dobre celebración, o pasado 17 de maio, do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, xa ten gañadores.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xuño de 2012

    Imaxerali é unha nova páxina web en lingua galega que fai un percorrido fundamentalmente visual polas principais competicións de rally galegas e estatais.

    Fonte: Código Cero

    01 de xuño de 2012

    A vitalidade do español, a lingua máis próspera da comunicación internacional tras o inglés, derrotou a "insensatez política" das campañas "só inglés" nos Estados Unidos que buscaban reducir o seu uso a lingua estranxeira.

    Fonte: Latino Fox News

    01 de xuño de 2012

    O autor dun libro sobre a literatura de Goa en portugués defendeu que a lingua de Camões é unha plusvalía para os habitantes desta antiga colonia portuguesa na India, especialmente no sector das tecnoloxías da información.

    Fonte: Portalangop

    01 de xuño de 2012

    As sentenzas consideran que as catro familias demandantes teñen dereito a que os seus fillos reciban a educación tamén en castelán, polo que a Administración ten que adoptar as medidas necesarias para garantilo e basea a súa decisión nas sentenzas do Tribunal Supremo sobre a materia.

    Fonte: La Razón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder