A tradución d'O principiño ao otomí promoverá e fomentará que varios rapaces que xa non len na súa propia lingua volvan facelo.
Fonte: El Punto Crítico
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A tradución d'O principiño ao otomí promoverá e fomentará que varios rapaces que xa non len na súa propia lingua volvan facelo.
Fonte: El Punto Crítico
A Academia da Lingua Guaraní, Ava Ñe'ê Rerekua Pavê, está abrindo camiño aos seus proxectos e obxectivos, entre eles, que os paraguaios e estranxeiros en Paraguai poidan ler a grafía guaraní en carteis de sinalización, materiais informativos e publicidade comercial.
Fonte: Última Hora
Muskiz promoverá o éuscaro nun ambiente lúdico. Será grazas á apertura dun bar que, ademais dos servizos hostaleiros tradicionais, promova o uso da lingua vasca.
Fonte: El Correo
O III Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade que se celebra en Madrid será accesible para as persoas xordas dado que contará con tradución simultánea á lingua de signos española e contará con subtítulos.
Fonte: Diario Signo
A Asociación Xuvenil de Software Libre Galsoft, co obxectivo de acadar en Galicia un panorama de dispoñibilidade total de programación aberta, facendo fincapé na mocidade e mais na lingua galega, está a desenvolver unha distribución libre neste idioma de uso xeral: Galsoft Linux.
Fonte: Código Cero
Na India, o país con maior número de lectores en inglés, xornais coma o Times of India, Hindustan Times ou The Mirror non só están en boa forma, senón que se están expandindo. Segundo a enquisa de lectura máis recente do país, a tirada crece un 8 % ao ano.
Fonte: Ad Age
O Tribunal Constitucional declarou nulo un artigo dunha norma catalá sobre consumo do que derivaban as sancións a comerciantes por non rotular os seus establecementos na lingua autonómica.
Fonte: La Verdad
Naceu una nova asociación, Reciella, que ten por obxectivo transmitir e promover a lingua asturiana vehicular entre os nenos de cero a seis anos.
Fonte: Europa Press
Elections Canada e Air Canada están entre as institucións federais criticadas por non cumprir os requisitos de ofrecer servizos bilingües, segundo un informe do defensor da lingua, que pertence ao goberno do país.
Fonte: Calgary Herald
O Goberno de Ecuador presentou o seu primeiro dicionario de lingua de signos, dirixido a persoas con discapacidade auditiva e para fortalecer o sistema educativo para ese colectivo.
Fonte: Qué!
Subscríbase ao boletín