Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xuño de 2012

    O Parlamento da Ucraína aprobou a lei que dá un estatus cooficial ás linguas minoritarias do país nas rexións onde as falan polo menos o 10 % dos seus habitantes, mentres miles de cidadáns se manifestan nas rúas a favor e en contra da medida.

    Fonte: ABC

    06 de xuño de 2012

    Os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, asistiron á sesión extraordinaria pública celebrada pola Real Academia Galega para recibir como académico numerario a D. Xosé Luís Regueira Fernández.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación da convocatoria dirixida ás empresas galegas do eido cultural cara á súa participación en Culturgal 2012, a feira galega das industrias do sector que se celebrará en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    O goberno jammu e caxemirés decidiu recomendar que o gojri –falado por unhas vinte mil persoas das tribos guijars e bakkarwals no estado– sexa recoñecido como lingua oficial ao incluílo na Constitución.

    Fonte: India NY Daily News

    05 de xuño de 2012

    Cabo Verde quere contribuír a ter o portugués como lingua oficial na rede de parlamentos de todo o mundo, segundo o deputado José Sanches.

    Fonte: África Digital

    05 de xuño de 2012

    O inglés deixou de ter o monopolio das linguas estranxeiras. Os últimos anos, o chinés, o ruso, o árabe e o portugués gañaron terreo ante as posibilidades laborais que abren.

    Fonte: Economía Digital

    05 de xuño de 2012

    Unha vintena de mallorquinos de adopción asinaron un manifesto a favor da lingua propia das Illas Baleares, e presentaron o escrito no rexistro de entrada do Parlamento, dirixido a todos os grupos políticos.

    Fonte: Mallorca Confidencial

    05 de xuño de 2012

    O mes de xuño iníciase cargado de actividades de promoción do idioma da man de FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que está a percorrer os concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    As probas para obter a Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron a pasada fin de semana cun total de 3893 persoas matriculadas en Galicia e no resto de España.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    Xa está dispoñible para a súa descarga para Windows, Mac OS X e Linux a versión en galego do Firefox 13, que incorpora numerosas melloras de rendemento.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder