Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xuño de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou Ponteareas (Pontevedra) para asistir á actividade de dinamización lingüística dirixida aos máis pequenos “Dentro dun conto”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de xuño de 2012

    A Aula Virtual de Galaxia vai facer posible que a comunidade educativa traballe con novas tecnoloxías ao tempo que estuda lingua e literatura galegas. Vai achegar, entre outras cousas, versións en PDF dos libros de texto, material educativo dixital e propostas de actividades docentes interactivas.

    Fonte: Código Cero

    31 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a representante da Axencia EFE, Ana Martínez, asinaron un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega a través das noticias publicadas por esta axencia de comunicación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de maio de 2012

    O proxecto responde a unha demanda concreta: a dos lectores e lectoras galegas que desexan que se lles fale das cousas que lles interesan no seu idioma.

    Fonte: Código Cero

    31 de maio de 2012

    A Universidade británica de Cambridge confirmou que vai desenvolver un exame internacional para a lingua indonesia, dirixido principalmente a escolas de secundaria indonesias.

    Fonte: The Jakarta Globe

    31 de maio de 2012

    A través dun servizo de tradución automática entre dúas linguas que non traballa palabra por palabra senón que comprende o contexto das frases, Microsoft contribuirá a que a lingua maia e moitas outras non se perdan.

    Fonte: El Universal

    31 de maio de 2012

    A rede de salas municipais e de proximidade de Euskadi, Zineuskadi, integra un total de 15 cines este ano, nos que se pretende ofrecer “alternativas atractivas para incrementar a circulación do cine europeo de calidade, potenciar a versión orixinal e ofrecer o mellor cine en éuscaro.

    Fonte: Deia

    30 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o novo volume da colección “Cadernos Ramón Piñeiro”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a levar a figura de Valentín Paz-Andrade aos centros educativos a través dunha exposición para lles achegar aos escolares a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de maio de 2012

    A Asociación PuntoGal presentou formalmente a candidatura do dominio .gal ante o organismo competente, o Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). PuntoGal leva seis anos traballando para conseguir que a cultura e a lingua galegas teñan un espazo propio na rede.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder