Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de outubro de 2012

    A Xunta de Galicia presentou a campaña “O galego, chave para os teus negocios no mundo”, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e posta en marcha en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE).

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2012

    A Consellería de Educación obrigará o colexio público de Son Ferriol a incluír a materia de castelán no seu horario escolar. Desta forma, o centro terá que modificalo e impartir catro horas de lingua castelá á semana. Ata agora, os alumnos de segundo de Primaria non recibían ningunha clase de castelán nese centro.

    Fonte: El Mundo

    03 de outubro de 2012

    De cara ao Mundial de fútbol de 2014 e aos Xogos Olímpicos de 2016 e tendo en conta os investimentos estranxeiros que o estado do Río de Xaneiro recibirá nos próximos anos, a Secretaria Estatal de Educación planea crear catro escolas públicas bilingües. Cada unha estará destinada ao estudo dun idioma específico: francés, inglés, español e chinés mandarín.

    Fonte: O Debate

    03 de outubro de 2012

    A Universidade de Wisconsin (UW) axudará a afrontar a necesidade de falantes de linguas estranxeiras que sofre o exército dos Estados Unidos. A UW é unha da máis de 25 escolas nos Estados Unidos que ensinará a máis de 800 cadetes linguas consideradas “primordiais” polo Departamento de Defensa do país.

    Fonte: Wisconsin Radio Network

    03 de outubro de 2012

    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a identidade galega das nosas empresas non supón hándicap ningún para a súa expansión porque “lonxe de empequenecer -dixo- a galeguidade engrandece. E o idioma tamén”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2012

    O 2011 foi un mal ano para a edición en Galicia e en galego, segundo os informes Comercio Interior del libro en España 2011 e El sector del libro en España 2010-2012. O director de Xerais, Manuel Bragado, recolle no seu blog unha análise dos datos presentados, que revelan que a edición en galego minguou un 16,3 % (de 2544 a 2130 títulos), segundo o informe de comercio interior, mentres o outro estudo cifra o descenso nun 5,22 % con 1922 títulos editados o pasado ano.

    03 de outubro de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na entrega dos premios literarios Rosalía de Castro do Centro Pen de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de outubro de 2012

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas felicitou a Canal Sur 2 pola súa aposta por unha televisión plenamente accesible para as persoas xordas. A cadea incluíu subtitulado e lingua de signos española en toda a súa programación, o que a converte na primeira televisión de España cen por cen accesible para este colectivo.

    Fonte: Fórmula TV

    02 de outubro de 2012

    A Deputación de Guipúscoa utilizará só o éuscaro nas súas comparecencias públicas ante os medios de comunicación.

    Fonte: Noticias de Gipuzcoa

    02 de outubro de 2012

    O presidente de Gabón, Alí Bongo, quere aumentar o uso de inglés no país, unha antiga colonia francesa onde o francés aínda se fala de forma extensa.

    Fonte: Google

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder