Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non deixa de ofrecerlles aos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) unha ampla oferta de actividades de lecer en galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase á celebración do Día da Tradución, unha data para lembrar a importancia de trasladar a outras linguas a nosa creación literaria e, ao mesmo tempo, a posibilidade de acceder á literatura doutros pobos a través das reescrituras en lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de outubro de 2012

    Superdicionario Castelán-Galego é o título do último lanzamento da editora Morgante. Un volume que, a partir do dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, amplía contidos ata as 27 000 entradas, entre elas 2500 topónimos de todo o mundo, e inclúe 17 000 locucións.

    Fonte: Culturagalega.org

    29 de setembro de 2012

    A Fundación Calouste Gulbenkian e o Instituto Cultural de Macau asinarán en Lisboa un protocolo de cooperación para a divulgación da cultura portuguesa no territorio asiático.

    Fonte: Ionline

    28 de setembro de 2012

    A Axencia xaponesa de Asuntos Culturais anunciou que se levou a cabo un estudo para coñecer o uso que a opinión pública fai da lingua xaponesa. En comparación con hai dez anos, a proporción de persoas que ten dificultades para escribir os caracteres kanji incrementouse un 25,2 %.

    Fonte: Blogosfere

    28 de setembro de 2012

    A partir do mes de novembro, as persoas doutras nacionalidades que aspiren a converterse en cidadáns canadenses deberán presentar unha proba tanxible das súas competencias lingüísticas en inglés e francés.

    Fonte: News1130

    28 de setembro de 2012

    Por primeira vez, un estudo describe de maneira minuciosa todos os aspectos constitucionais e legais relacionados en España coa protección da lingua de signos.

    Fonte: El Economista

    28 de setembro de 2012

    "T'agradarà sentir-la en català" é a frase que acompañará as películas que se estreen dobradas en catalán co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura. O obxectivo é conseguir máis presenza de espectadores nas salas onde se emiten versións catalás dos filmes.

    28 de setembro de 2012

    O BNG pediulle á Comisión Europea (CE) que o coñecemento da lingua galega sexa valorado no proceso de selección para acceder a postos de traballo nas institucións da Unión Europea.

    Fonte: Galicia Hoxe

    27 de setembro de 2012

    Representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantiveron un encontro coa xunta directiva da Asociación de Profesionais da Rama Artística de Dobraxe de Galicia (APRADOGA), que estivo representada polo seu presidente, Andrés Bellas, e mais polo secretario da entidade, Carlos Jiménez.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder