Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xuño de 2012

    O Parlamento balear debaterá e votará a normativa pola que o catalán pasa a ser mérito, e non requisito –como agora- para acceder a determinados empregos da Administración.

    Fonte: Diario de Mallorca

    11 de xuño de 2012

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte de Cantabria e a Federación de Persoas Xordas de Cantabria (Fescan) colaborarán para mellorar a atención dos alumnos con discapacidade auditiva e para ensinar a lingua de signos a profesores e familias.

    Fonte: ABC

    11 de xuño de 2012

    Só un 16,4 % dos españois considera que ten un nivel avanzado de inglés, unha cifra que podería ser bastante menor se o nivel se valorase de forma obxectiva. Ademais, segundo o recoñecido profesor de inglés Richard Vaughan, “apenas un 5 % dos profesionais españois ten un bo nivel de inglés”.

    Fonte: El Confidencial

    11 de xuño de 2012

    Tras concluír a súa etapa de capacitación, o Ministerio de Cultura de Perú certificou a 30 intérpretes de linguas orixinarias para participar nos procesos de consulta previa entre o Goberno e os pobos indíxenas. Os 30 profesionais certificados manexan as seis linguas con maior número de falantes no país.

    Fonte: Perú 21

    11 de xuño de 2012

    O inglés substituirá progresivamente o español como lingua do sistema educativo público de Porto Rico, nun plan que se desenvolverá nos próximos 10 anos, explicou o secretario de Educación da illa, Edward Moreno Alonso.

    Fonte: La Voz de Galicia

    11 de xuño de 2012

    A organización Man a Man: Cultura Mexicana sen Fronteiras e a Alianza de Linguaxes en Perigo de Extinción buscaron concienciar no Museo de El Barrio os cidadáns de Nova York sobre a diversidade de linguas que se falan en México.

    Fonte: Radio Fórmula

    11 de xuño de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a representante da Axencia Europa Press, Rita Penedo, asinaron un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega nas súas noticias e comunicacións mantendo o caudal informativo do 100 % en lingua galega, así como nos webs www.europapress.es/galego e www.europapress.es/galicia e nas redes sociais.

    11 de xuño de 2012

    O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolveu dende o mes de marzo un total de 120 actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto de entrega de premios do certame de redacción e investigación histórica "Falemos da nosa historia", organizado polo equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro, en colaboración coa Universidade de Santiago.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xuño de 2012

    O Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil está elaborando un plan de capacitación en idioma chinés para os seus diplomáticos, segundo o que cinco mozos diplomáticos que acaban de ser asignados serán enviados a estudar durante seis meses na Universidade de Lingua e Cultura de Pequín.

    Fonte: Spanish People Daily

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder