A Xunta pola Defensa de la Lingua Asturiana rexeita completamente os plans do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, para a futura lei de educación, que suporá tamén un ataque ao ensino da lingua asturiana.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta pola Defensa de la Lingua Asturiana rexeita completamente os plans do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, para a futura lei de educación, que suporá tamén un ataque ao ensino da lingua asturiana.
Fonte: Europa Press
A actitude favorable cara á promoción do uso do éuscaro en todos os territorios onde se fala esta lingua aumentou sete puntos nas últimas dúas décadas, ao pasar do 47,5 % ao 55,2 %. No entanto, o maior aumento desta actitude positiva percíbese en Navarra, onde en 1991 había un 21,6 % de habitantes en favor de promover o éuscaro e na actualidade sitúase en 37,7 %.
Fonte: Noticias de Navarra
Filipinas incorporará o español como lingua estranxeira ao currículo do seu ensino secundario no trienio 2013-2016.
Fonte: El Economista
O padroado da Asociación Cultural O Brado da Estrada deu a coñecer os nomes das persoas e entidades que recibirán este ano os seus Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns que se entregarán o vindeiro 15 de novembro no Teatro Principal da Estrada.
Fonte: Faro de Vigo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, presentou os encontros teatrais dos Axóuxeres, os espectáculos teatrais para bebés de 0 a 3 anos e para as súas familias que chegarán durante as fins de semana do outono a 20 localidades.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Lugo convoca unha nova edición do seu premio de narrativa curta, segundo anunciou o concelleiro de Cultura Antón Bao. O obxectivo deste certame é «fomentar a creatividade e a produción literaria en lingua galega».
Fonte: La Voz de Galicia
Un de cada cinco canadenses, ou case 6 630 000 persoas, fala unha lingua diferente do inglés e o francés, as dúas linguas oficiais de Canadá, segundo os datos do censo de 2011.
Fonte: AFP
A poboación navarra que coñece e usa o éuscaro aumentou nos últimos anos, aínda que é substancial a diferenza de implantación segundo as zonas.
Fonte: Diario de Navarra
O fragmento dunha táboa de bronce, atopado de forma fortuíta nas proximidades de Novallas (Zaragoza), enlaza a lingua celtibera co latín.
Fonte: Levante-emv
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Vigo na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que está representada a través dos responsables das secretarías xerais de Política Lingüística e de Universidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín