Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xuño de 2012

    O español desprazou o francés e o alemán como segunda lingua no ensino na maior parte do continente europeo, segundo amosan as conclusións do proxecto da Fundación Telefónica sobre El valor económico del español publicado por Ariel.

    Fonte: Europa Press

    14 de xuño de 2012

    A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno Vasco presentou os resultados do estudo realizado no ano 2011, que indican o nivel de multilingüismo existente en distintos ámbitos da Comunidade Autónoma do País Vasco.

    Fonte: Euskadi.net

    13 de xuño de 2012

    A obra, realizada polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e publicada por 2.0 Editora, ten máis de vinte mil entradas e foi construída a partir dun corpus de traducións orixinal, sen pasar por outros dicionarios.

    Fonte: Praza Pública

    13 de xuño de 2012

    A vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Mesa pola Normalización Lingüística acaban de asinar un convenio para a posta en marcha de diversas actividades destinadas a promover o uso do galego entre a poboación en xeral, pero de forma especial entre os mozos.

    Fonte: El Progreso

    13 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achégalles a vida e obra de Valentín Paz-Andrade aos galegos a través da mostra itinerante que ata o día 15 de xuño poderá ser visitada no IES Gregorio Fernández.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Chantada no acto de homenaxe que a Irmandade Xurídica Galega lle rendeu ao xurista Ramón Carballal Pernas, ao que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de xuño de 2012

    O consello de ministros de Mozambique ratificou o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, tal e como informou o ministro de Asuntos Internacionais e Cooperación, Oldemiro Baloi.

    Fonte: Expresso

    12 de xuño de 2012

    Todos os nenos ingleses aprenderán unha lingua estranxeira desde os sete anos, segundo os novos plans do Goberno.

    Fonte: BBC

    12 de xuño de 2012

    Oinarritik Euskaraz é o primeiro manual didáctico para formar en éuscaro os adestradores de fútbol. Este libro, financiado pola Deputación Foral de Biscaia, presentouse en sociedade e contou cunha representación do fútbol biscaíño.

    Fonte: Deia

    12 de xuño de 2012

    Investigadores da Escola Politécnica Superior da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) desenvolven unha ferramenta informática de grande utilidade para as persoas con discapacidade auditiva, capaz de xerar mensaxes en lingua de signos a partir de textos e voz, así como de expresar características da ‘linguaxe corporal’ a través dunha personaxe virtual.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder