Case un terzo dos rapaces das escolas de Kingston non fala inglés como lingua materna, segundo os últimos datos.
Fonte: This is Local London
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Case un terzo dos rapaces das escolas de Kingston non fala inglés como lingua materna, segundo os últimos datos.
Fonte: This is Local London
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia, co motivo do inicio da actividade escolar, pon a disposición do comercio galego un vocabulario e un soporte dixital en lingua galega para a campaña “Volta ao cole”.
Fonte: CEG
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, presentou en Ferrol Redecinema, no marco da que chegará a este concello o filme Vilamor.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta pola Defensa de Lingua Asturiana esixiulle ao Goberno de Asturias que se informe aos centros de ensino da supresión do número mínimo de alumnos para formar clases de asturiano.
Fonte: La Información
O Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno vasco convocou as axudas IKABIL para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares pertencentes á Comunidade Autónoma Vasca para o próximo curso 2012-2013.
Fonte: El Economista
A exposición sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia a segunda etapa da súa itinerancia na Biblioteca Pública de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na entrega do XXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas, da que é patrón a Consellería, e que esta edición recaeu no actor Luís Tosar.
Fonte: Xunta de Galicia
Un pequeno grupo de especialistas, estudantes e residentes locais de Shanghai reúnense para evitar a extinción do seu dialecto, que ten raíces nunha das linguas faladas máis antigas de China.
Fonte: Telegraph
O material será presentado en versión audiovisual accesible en lingua de signos boliviana (LSB) e audiolibro de lectura lenta. O obxectivo é facilitar o acceso da Constitución a persoas con capacidades diversas.
Fonte: Erbol
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizou unha xornada de actualización metodolóxica e didáctica dirixida ao profesorado colaborador encargado de titorizar os cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica de nivel medio e superior.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín