Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xullo de 2011

    A Universidade de Salamanca iniciou os seus cursos internacionais de Lingua e Cultura Española, aos que asistirán un total de 1600 estudantes dos cinco continentes. A directora dos cursos, María Isabel Toro, destacou que a pesar das dificultades económicas de moitos países «este ano conseguimos incrementar os nosos alumnos en preto dun centenar respecto ao ano 2010».

    Fonte: El Norte de Castilla

    05 de xullo de 2011

    Concibido como un proxecto a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas, a Universidade de Santiago coordinará ao longo dos próximos cinco anos o proxecto europeo campUSCulturae co cofinanciamento da Comisión Europea a través do programa Cultura.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    05 de xullo de 2011

    En colaboración coas tres universidades galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove durante este mes de xullo a realización de cursos de verán de lingua e literatura galegas para estudantes de fóra de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xullo de 2011

    O sistema israelí de saúde desenvolveu recentemente un programa de formación especial que permitirá aos médicos aprender, entre outras linguas, o árabe ou o yiddish, co fin de evitar os problemas de comunicación coas comunidades que requiren atención sanitaria.

    Fonte: Haaretz

    04 de xullo de 2011

    Un grupo de intelectuais demanda en Macedonia a completa normalización da lingua albanesa e a consideración desta como segunda lingua oficial a nivel estatal.

    Fonte: Albeu

    04 de xullo de 2011

    A Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua, en coordinación co Instituto Cervantes e o Centro de Formación Cefynt, organizaron un curso inicial de formación para profesores de español como lingua estranxeira (ELE) que terán lugar no Palacio de la Isla, Burgos, entre o 4 e o 29 de xullo.

    Fonte: Europa Press

    04 de xullo de 2011

    As colonias infantís organizadas polo Concello de Bilbao darán comezo neste mes. Co 100 % das prazas ocupadas, 1570 rapaces e rapazas bilbaínas gozarán de diversas actividades destinadas ao coñecemento dos bosques. As prazas en éuscaro foron as máis demandadas, cun 87% das solicitudes no programa Udalekuak, para nenos entre 6 e 12 anos.

    Fonte: Deia

    04 de xullo de 2011

    Un semanario de información xeral e mais un diario dixital en galego. Estas son as propostas que a iniciativa Sermos Galiza quere desenvolver antes de que remate este ano.

    Fonte: Culturagalega.org

    04 de xullo de 2011

    Un total de 3202 persoas realizou as probas que vén de organizar a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter a Certificación de coñecemento en lingua galega (Celga).

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xullo de 2011

    A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere sumarse á conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, que marcaron o inicio do noso Rexurdimento literario e, con el, da restauración do galego como idioma de cultura.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder