A Mesa pola Normalización Lingüística solicitoulle formalmente á delegación territorial da Axencia Tributaria de Santiago que atenda o público en idioma galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitoulle formalmente á delegación territorial da Axencia Tributaria de Santiago que atenda o público en idioma galego.
Fonte: La Voz de Galicia
O Goberno de Navarra elaborou un dicionario bilingüe castelán-éuscaro de termos educativos que inclúe máis de 12 000 entradas dobres con selección alfabética e temática, buscador por termo e selección de idioma da busca.
Fonte: ABC
A Fundación Euskara Kultur Elkargoa presentou unha nova iniciativa, Gazteak plazara (Mocidade á praza), para fomentar a posta en marcha de actividades culturais vinculadas ao éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
A poboación de orixe vasca foi primordial para o desenvolvemento e o crecemento do estado americano de Idaho e aínda é unha das maiores comunidades da cidade de Boise, cunha poboación de 15 000 persoas segundo o censo de 2010. A Universidade do Estado en Boise, xunto coa Universidade de Nevada en Reno, son as únicas universidades estadounidenses que imparten programas de estudos vascos e ofrecen, tanto aos estudantes como á poboación de orixe vasca, a posibilidade de aprenderen a súa lingua e cultura.
O Dicionario Galego, que está dispoñible no Android Market, é unha nova ferramenta que permite a busca no dicionario de calquera termo en galego que recolla o Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) na súa versión de 1997, aínda que os seus creadores están a traballar para poñer en funcionamento unha versión que traballe segundo as definicións do DRAG de 2003, o último.
Fonte: Código Cero
Nesta última convocatoria do VIII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras o xurado premiou ex aequo, na modalidade de ideas de promoción do galego, as comisións de normalización dos centros universitarios do campus lugués polo seu traballo ‘Proxéctate en GALEGO’ e ao estudante da Universidade da Coruña Alejandro Gradaílle por ‘O poder das palabras’.
Dúas reedicións facsimilares da histórica revista Lar, publicada entre 1924 e 1926, recuperan a obra en galego do escritor Wenceslao Fernández Flórez.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno vasco puxo en marcha o programa cinematográfico Filmazpit, destinado a facilitar a proxección de películas en versión orixinal con subtítulos en éuscaro.
Fonte: ABC
En Twitter, o volume de mensaxes públicas en lingua árabe incrementouse un 2146 % durante o último ano. Como consecuencia, o árabe é a lingua que medra máis rápido en Twitter, de acordo cun estudo realizado por Semiocast, unha empresa con sede en París que elabora investigacións sobre as redes sociais.
Fonte: The Jerusalem Post
Máis do 40 % dos funcionarios públicos de Macau posúe coñecementos lingüísticos orais ou escritos de portugués. O inglés domínano un maior número de traballadores, a pesar de non ser lingua oficial.
Fonte: Diário digital
Subscríbase ao boletín