Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de maio de 2011

    A Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, abreviado, NPLD) aprobou a adhesión da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao seu grupo técnico de traballo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski conmemoran o Día das Letras Galegas a través dunha campaña conformada por centos de carteis e 200.000 postais sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que se difundirán desde os establecementos cos que conta a empresa en Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    Alumnos e alumnas que estudan lingua e cultura galegas no IE Cañada Blanch de Londres participan estes días nun programa de estadía en Galicia que ten como obxectivo prioritario servir de reforzo á súa actividade académica nesta materia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    O Instituto Ramon Llull e a Universidade de Hosei (Toquio) asinaron un acordo polo que a Universidade impartirá cursos de lingua, historia e cultura catalás a partir desta mesma semana.

    Fonte: La Vanguardia

    16 de maio de 2011

    A Fundación Comillas e a Universidade Gama Filho, unha das institucións académicas máis importantes do Brasil, que cada ano forma a máis de 3.000 alumnos, asinaron un convenio para promover o ensino do español no país suramericano.

    Fonte: ABC

    13 de maio de 2011

    O Consello dos Organismos Sociais do Éuscaro, Kontseilua, denuncia que as administracións «non avanzaron na normalización do éuscaro» e tomaron medidas que «poden ser consideradas un retroceso», como reducir as axudas para o seu estudo.

    Fonte: Diario Vasco

    13 de maio de 2011

    O 83 por cento dos españois non conta cun título ou certificación oficial que acredite o seu nivel de coñecemento de inglés, segundo un estudo presentado pola editorial Océano Idiomas, do que tamén se desprende que só o 7 por cento dos enquisados cre que ten un nivel de inglés adecuado para manter unha conversa fluída neste idioma.

    Fonte: ABC

    13 de maio de 2011

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, entregaron os premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011, que este ano recaeron no CEIP de Laredo, en Redondela, e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de maio de 2011

    Nos últimos cinco anos, o orzamento do Goberno de Navarra destinado á promoción do éuscaro reduciuse un 81% mentres que a partida dirixida ao fomento das linguas estranxeiras creceu un 124%.

    Fonte: Noticias de Navarra

    12 de maio de 2011

    Un informe aprobado polo Parlamento Europeo propón que nalgunhas reunións de traballo na Eurocámara se ofreza soamente a interpretación simultánea a seis das 23 linguas oficiais da Unión Europea para aforrar.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder