Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2011

    Un total de 85 entidades xa forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca promover a coordinación das actuacións de fomento do uso do galego desde o ámbito municipal e aumentar a efectividade destas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de maio de 2011

    Os Concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas poñen en marcha unha iniciativa en favor do galego, a guía Os meus favoritos. Trátase dun catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a cultura, a mocidade, as redes sociais, os xogos...

    Fonte: Código Cero

    11 de maio de 2011

    A falta de habilidades en linguas estranxeiras fai que os británicos estean infrarrepresentados nos postos de traballo nas institucións da Unión Europea, segundo un alto funcionario. Os traballadores do Reino Unido ocupan só o 5 % dos postos dispoñibles no Parlamento Europeo e na Comisión Europea, malia que o país conta co 12 % da poboación da UE.

    Fonte: People Management

    11 de maio de 2011

    O Ministerio de Comunicacións de Israel afirma que a minoría árabe do país terá axiña por primeira vez a súa propia canle de televisión en árabe. O Ministerio acaba de concederlle a unha canle a primeira licenza para ter unha emisión independente en árabe.

    Fonte: Newsday

    11 de maio de 2011

    India pediulle a Taiwán 10 000 profesores de mandarín que poidan viaxar ao país surasiático a ensinar a lingua. India decidiu hai pouco permitir que os seus institutos ofrezan clases de segundas linguas, incluído o chinés, e expresou o desexo de que Taiwán lle poida axudar a atopar profesores de lingua.

    Fonte: Focus Taiwan

    11 de maio de 2011

    Mentres o 90 % dos internautas europeos prefire visitar as páxinas web na súa propia lingua, o 55 % utiliza polo menos algunha vez unha lingua diferente da súa ao navegar por internet, segundo o Eurobarómetro.

    Fonte: TelecomPaper

    11 de maio de 2011

    O Hospital Universitario Virxe do Rocío formalizou a constitución do grupo de profesionais voluntarios que acompañará, cando se identifique necesario, o paciente xordo durante os diferentes momentos da asistencia sanitaria que este precise.

    Fonte: Sevilla Actualidad

    11 de maio de 2011

    O Goberno vasco convocou os Premios Extraordinarios de Bacharelato, cuxos gañadores poderán participar nun programa de aprendizaxe de diversas linguas no estranxeiro e se repartirán 14.000 euros.

    Fonte: 20 minutos

    11 de maio de 2011

    Centos de persoas manifestáronse polas rúas de Oviedo para pedir a oficialidade da lingua asturiana, no acto reivindicativo que, coma todos os anos, convoca a asociación Conceyu Abiertu pola Oficialidá no Día das Letras.

    Fonte: 20 minutos

    10 de maio de 2011

    Alumnos e alumnas de educación secundaria que estudan galego en Cataluña grazas ao proxecto Galauda atópanse esta semana en Galicia para completar a súa actividade académica.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder