A lingua xaponesa, cuxa orixe é obxecto de debate entre os especialistas, non naceu no arquipélago senón que é resultado da migración de agricultores procedentes da península coreana, segundo un estudo baseado na xenética.
Fonte: AFP
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A lingua xaponesa, cuxa orixe é obxecto de debate entre os especialistas, non naceu no arquipélago senón que é resultado da migración de agricultores procedentes da península coreana, segundo un estudo baseado na xenética.
Fonte: AFP
O Instituto Portugués do Oriente (Ipor) puxo á venda en Macau o primeiro de dez manuais de ensino da lingua portuguesa que seguen o acordo ortográfico e o marco común de referencia para as linguas europeas.
Fonte: Lusa
O galego é a terceira lingua máis editada nos libros electrónicos en España. Son os datos proporcionados pola Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura, que destaca que a produción editorial aumentou o ano pasado un 3,9 % respecto de 2009, en especial a edición electrónica, que medrou case un 50 % fronte á edición en papel, que se reduciu nun 1 %.
Fonte: Galicia Hoxe
A VIII edición dos premios Bacelos de Prata recoñeceron os colleiteiros Elisa Collarte e Alfredo Alvarado pola comercialización en galego dos seus viños.
Fonte: Xornal
O programa de dinamización lingüística Bocaberta visita esta semana 16 concellos de Galicia con novas propostas de actividades que farán gozar os rapaces e rapazas coa lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O ministro de Educación de España premiou a sete colexios bilingües dos Estados Unidos pola súa promoción da lingua e a cultura españolas a través de programas de inmersión na educación primaria e secundaria.
Fonte: European Pressphoto Agency
Preguntados pola lingua na que acostuman falar habitualmente coa familia, o 77% dos vascos responde que “única ou principalmente” en castelán. O 11% faino en éuscaro e castelán indistintamente e outro 11% principalmente en éuscaro, co que son só dúas de cada dez familias as que utilizan esta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A comunidade internauta de Galicia está a argallar todo tipo de métodos imaxinativos para comprometerse coa lingua e a cultura galegas. Unha destas iniciativas, chamada Agasallo para o mundo, é unha proposta para tirar proveito do YouTube como canle para agasallar unha canción en galego aos moitos millóns de internautas que andan polo mundo.
Fonte: Código Cero
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou tres curtas de animación coas que a secretaría xeral pretende facilitarlle novos recursos ao profesorado de infantil para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado.
Fonte: Xunta de Galicia
O presidente de Nixeria, Goodluck Jonathan, reiterou o compromiso da súa administración de garantir a preservación das linguas indíxenas do país e asegurou que a lingua é o vehículo do desenvolvemento, así como o instrumento para a integración nacional e as relacións internacionais.
Fonte: Compass
Subscríbase ao boletín