O acordo pretende mellorar e ampliar a formación dos estudantes universitarios, potenciando as prácticas nos medios de comunicación que utilizan o éuscaro para a difusión dos seus contidos.
Fonte: 20 minutos
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O acordo pretende mellorar e ampliar a formación dos estudantes universitarios, potenciando as prácticas nos medios de comunicación que utilizan o éuscaro para a difusión dos seus contidos.
Fonte: 20 minutos
A Secretaría de Cultura de Quintana Roo puxo en marcha a organización de diversos actos e programas que permitan recompilar, preservar e divulgar a lingua e cultura maias, segundo informou Ramón Patrón García.
Fonte: Yucatán
O programa de dinamización lingüística Bocaberta proponlle á xente miúda unha semana co mellor da maxia e da banda deseñada en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Arredor de catro mil rapaces participaron na xornada inaugural de Correlingua, que acolleu Santiago de Compostela. Calcúlase que ao cabo do ciclo, previsto ata o 13 de maio, arredor duns 45.000 escolares secunden a iniciativa, destinada a reivindicar o uso da lingua galega no ensino.
Fonte: Galicia Hoxe
O diario “La Vanguardia” sae na súa edición en catalán o martes 3 de maio despois de 130 anos de editarse só en castelán e con 200.000 exemplares para a súa venda, dobrando así a edición habitual do xornal.
Fonte: El Mundo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria formará a partir do vindeiro curso o alumnado de centros sostidos con fondos públicos que desexen obter unha certificación oficial do seu coñecemento de linguas estranxeiras.
Fonte: Xunta de Galicia
A viceministra de Educación, Formación Permanente e Asuntos Relixiosos de Grecia, Fofi Gennimata, informou o Parlamento da introdución da lingua grega no currículo australiano. A incorporación do grego entre as 11 linguas prioritarias apoiadas polo Goberno de Australia atópase nestes momentos en fase de consulta.
Fonte: Greek Reporter
Unha asociación que defende os dereitos dos francófonos belgas que residen na comunidade neerlandófona de Flandes anunciou que presentou unha querela ante o Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas por "violación dos dereitos humanos" en detrimento dos seus intereses.
Fonte: El Universal
A exposición itinerante A Lingua Galega. Historia e Dereitos Lingüísticos, organizada pola Deputación da Coruña, permanecerá no municipio de Oleiros ata o vindeiro 14 de maio.
Fonte: La Opinión
O reitor da Universidade de Cádiz, Diego Sales, e o máximo representante universitario da Universidade de Changzhou, SHI Guodong, asinaron un convenio de colaboración para acoller estudantes chineses na Universidade de Cádiz que estudarán a lingua e cultura españolas.
Fonte: Empresa Exterior
Subscríbase ao boletín