A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu esta distinción "pola súa traxectoria de 25 anos en defensa da normalización da lingua galega".
Fonte: La Opinión
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu esta distinción "pola súa traxectoria de 25 anos en defensa da normalización da lingua galega".
Fonte: La Opinión
A edición 2011 do Correlingua contará con 45.000 participantes, 5.000 máis do que no pasado ano, segundo as previsións da organización.
Fonte: Culturagalega.org
Nun esforzo por facer máis accesible a información, os gobernos, en colaboración coa Asociación de Xordos de Fixi, incorporaron un intérprete de lingua de signos nos seus telexornais Fiji Today, que se emiten á noite en Mai TV.
Fonte: Radio Fiji
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas, recibiron os 116 alumnos e alumnas de centros de ensino da comarca do Bierzo que están estes días en Galicia para completar os seus estudos de galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Desde o seu lanzamento hai agora un ano, Sermersooq.dk recibiu máis de 10 000 visitantes. A páxina web ofrece cursos para principiantes de dinamarqués-groenlandés e groenlandés-dinamarqués que a partir de agora estarán dispoñibles gratuitamente para todo o mundo.
Fonte: IceNews
O desemprego, ou o temor a quedar sen traballo, e unha maior concienciación social de que, nun contorno cada vez máis competitivo só os máis preparados teñen opcións, dispararon o interese polos idiomas.
Fonte: El Mundo
O consello executivo do Consello de Mallorca aprobou o Plan de normalización lingüística adaptado ás directrices do Plan xeral de normalización lingüística das Illas Baleares.
Fonte: ABC
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en Forcarei unha das iniciativas coas que o programa Bocaberta está a promover o uso do galego entre os máis novos por toda Galicia. Trátase da actividade Señor Mundo, dígame?.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha academia de linguas da Universidade de Estambul está a organizar os únicos cursos de armenio no nivel postsecundario no marco dun esforzo para mellorar o diálogo rexional entre os empresarios e os profesores universitarios.
Fonte: Hurriyet Daily News
Os profesionais sanitarios contan co servizo "Dualia", un sistema de interpretación simultánea que facilita a comunicación entre o usuario inmigrante e o facultativo.
Fonte: Diario de Mallorca
Subscríbase ao boletín