Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de abril de 2011

    A Agrupación Socialista de Cáceres e a Asociación de Persoas Xordas de Cáceres (APSCC) asinaron un convenio de colaboración polo que se garante a presenza de intérpretes de lingua de signos nos mitins socialistas da próxima campaña electoral municipal.

    Fonte: ABC

    25 de abril de 2011

    A Dirección Xeral de Xuventude ofertou cursos de idiomas en 15 países de todo o mundo que van destinados a mozos entre 14 e 30 anos que, ademais de practicar o idioma, realizarán actividades lúdicas e culturais, informou o Goberno rexional nun comunicado.

    Fonte: ABC

    25 de abril de 2011

    A Mesa pola Normalización Lingüística cumpre 25 anos de "traballo constante" en defensa do galego e de labor de "reivindicación" para "a conquista do exercicio dos nosos dereitos lingüísticos", asegurou o seu presidente, Carlos Callón.

    Fonte: ABC

    25 de abril de 2011

    O Ministerio de Educación de Malaisia ten como obxectivo formar a 10 000 profesores de inglés en 2011 para aumentar a súa competencia á hora de ensinar a materia.

    Fonte: Free Malaysia Today

    25 de abril de 2011

    Favorecer a presenza da lingua galega nas actividades relixiosas que organizan para os seus fregueses. Ese é o obxectivo dos programas de actuación que as dioceses de Mondoñedo-Ferrol e de Tui-Vigo desenvolverán durante este ano no marco de cadanseu convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de abril de 2011

    Investigadores da Facultade de Lingüística, Filoloxía e Fonética da Universidade de Oxford descubriron a lingua e o doutor Suriel Mofu foi a Indonesia en outubro para gravar e documentar o idioma. Trátase das tres últimas persoas que falan dusner, unha antiga lingua utilizada nunha remota aldea de pescadores na selva de Papúa, unha illa indonesia.

    Fonte: Telegraph

    25 de abril de 2011

    O próximo sábado, 29 de abril, remata o prazo de inscrición para as probas de certificación de lingua galega que terán lugar no mes de xuño e que se realizarán en Galicia, no resto do Estado español e en Europa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de abril de 2011

    As Nacións Unidas celebraron o Día da Lingua Chinesa como parte dos esforzos constantes da organización de destacar a importancia histórica e cultural de cada unha das súas seis linguas oficiais.

    Fonte: UN News Centre

    20 de abril de 2011

    A Consellería de Educación puxo en marcha a Rede de Centros Plurilingües e abriu un prazo, ata o 13 de maio, para que os centros educativos soliciten voluntariamente a súa incorporación. A Consellería explicou que o obxectivo da rede é dar resposta á crecente demanda social e mellorar a competencia lingüística dos alumnos.

    Fonte: El País

    20 de abril de 2011

    A 17 edición da Korrika finalizou nunha multitudinaria festa en San Sebastián tras percorrer durante dez días un itinerario de 2.500 quilómetros que comezou en Treviño e culminou no Boulevard donostiarra.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder