Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de abril de 2011

    Un recente estudo sobre a aprendizaxe de idiomas realizado en 150 países perfila os españois coma os cidadáns que máis invisten en aprender unha segunda ou terceira lingua. Porén, isto non os coloca á cabeza do multilingüismo.

    Fonte: Informativos Telecinco

    15 de abril de 2011

    O Goberno dá por finalizada a polémica sobre a obrigatoriedade de falar as linguas oficiais para os estranxeiros que teñan que renovar os seus permisos de residencia. O último borrador do regulamento da Lei de estranxeiría cambia a esixencia do “coñecemento” destas pola da “aprendizaxe”, valorando o “esforzo” en lugar dos resultados obtidos.

    Fonte: Público

    14 de abril de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no “traballo coordinado e colaborativo cos concellos para impulsar o fomento do uso social do galego desde o ámbito local”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de abril de 2011

    Prolingua, a plataforma "apartidaria e plural" en defensa da lingua galega, vén de entregar no Rexistro Xeral da Xunta unha "carta aberta" dirixida ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de reclamarlle que a Lei de normalización lingüística de 1983 non sexa reformada.

    Fonte: Xornal.com

    14 de abril de 2011

    O Consello de Mallorca modificou o regulamento de uso do catalán no seu ámbito de competencia para promover o emprego da lingua propia entre as empresas e entidades concesionarias da institución e para actualizar os requirimentos lingüísticos de acceso para os traballadores insulares.

    Fonte: ABC

    14 de abril de 2011

    As novas tecnoloxías están desbancando os métodos tradicionais para aprender idiomas, e xa son a opción preferida polo 21 % dos españois que están aprendendo unha lingua estranxeira.

    Fonte: aprendemas.com

    13 de abril de 2011

    A Asociación da Lingua Córnica, que foi creada en 2005 para promover a lingua córnica, sostén que se enfronta a un futuro incerto se o goberno non aproba a súa proposta de financiamento.

    Fonte: BBC

    13 de abril de 2011

    “Todos os cingaleses deben dominar o támil e todos os támiles deben ter a competencia para falar cingalés. Isto axuda a crear confianza e unidade entre as persoas", indicou o ministro srilankés de Pesca, Rajitha Senaratne, con motivo da cerimonia inaugural dun curso de linga támil organizado pola Corporación do Porto Pesqueiro de Ceilán en colaboración co Ministerio de Linguas Nacionais e Integración Social.

    Fonte: Daily News

    13 de abril de 2011

    O Goberno neozelandés aprobou un plan para salvar da desaparición a lingua maorí, aínda que existe preocupación sobre a boa vontade deste á hora de ofrecer un compromiso firme. O ministro neozelandés de Asuntos Maorís, Pita Sharples, mostrou a súa desconfianza acerca do apoio que o goberno brindará ao devandito plan.

    Fonte: Nzherald

    13 de abril de 2011

    O filólogo Isaac Fernández presentou na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco en Vitoria o primeiro dicionario galego-éuscaro/éuscaro-galego, no que recolleu máis de 5.000 termos.

    Fonte: El Correo Gallego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder