As recentemente estreadas tendas en liña das marcas Bershka, Stradivarius, Pull&Bear e Zara permiten facer as compras en galego.
Fonte: Concello de Zas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As recentemente estreadas tendas en liña das marcas Bershka, Stradivarius, Pull&Bear e Zara permiten facer as compras en galego.
Fonte: Concello de Zas
Portugal celebra o día da lingua mirandesa coa presentación a nivel nacional da primeira novela publicada en mirandés e portugués.
Fonte: Visão
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou “a contribución do Dicionario de pronuncia da lingua galega á mellora da calidade e ao prestixio do idioma”. Así o asegurou durante a presentación da versión en liña do dicionario.
Fonte: Xunta de Galicia
O Pleno do Congreso debate a toma en consideración dunha iniciativa cidadá que pretende que as canles de televisión autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.
Fonte: Diario Siglo XXI
Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos son os títulos de tres fermosas curtas de animación infantil que xa están dispoñibles na rede. Estes contos audiovisuais, dirixidos a entreter e a favorecer a aprendizaxe en galego dos máis pequenos, están accesibles a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Cámara de Deputados de Bolivia realizou por primeira vez unha sesión en lingua quechua no marco do recoñecemento da diversidade cultural do país andino.
Fonte: Prensa latina
O secretario xeral de Medios, Afonso Cabaleiro, explicou no Parlamento que a Xunta está a preparar as futuras leis de publicidade institucional e de axudas aos medios de comunicación, entre cuxos obxectivos finais figuran potenciar a comunicación en galego e o emprego.
Fonte: De Luns a Venres
Nun comunicado, os directores consideran que nas escolas públicas de Cataluña “non hai, nin houbo ata agora, ningún problema respecto ao ensino-aprendizaxe da lingua catalá e da lingua castelá”.
Fonte: ABC
“Relacionar o éuscaro con pasalo ben, que os nenos e mozos non asocien esta lingua só co ámbito académico". Este é o obxectivo do programa 3Blai, unha aposta que comparten nove concellos de toda Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
Unha das grandes novidades deste ano da Universidade de Vigo, no que ao ensino de linguas estranxeiras se refire, é a implantación dun curso de alemán especialmente destinado ao alumnado das enxeñerías, coa vista posta na demanda destes titulados no país xermano. Esta mesma iniciativa ponse en marcha tamén co inglés.
Fonte: Universidade de Vigo
Subscríbase ao boletín