Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de abril de 2011

    O lanzamento de Asturnews da primeira aplicación que se desenvolve en lingua asturiana, e que se pode descargar nun teléfono móbil con sistema operativo Android, foi noticia estendida estes días polas redes sociais.

    Fonte: Asturnews

    13 de abril de 2011

    A subcomisión Euskara XXI do Consello Asesor do Éuscaro reuniuse no Palacio Miramar de San Sebastián para pór en marcha o novo Plan xeral para a revitalización do éuscaro.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de abril de 2011

    Representantes das etnias do Estado de México recibirán formación de interpretación para que poidan axudar os seus concidadáns que só falen linguas nativas a enfrontarse a un proceso legal. Ante a imposibilidade de entender español, estas persoas acaban frecuentemente en prisión sen coñecer as acusacións que se lles imputan.

    Fonte: La Prensa

    12 de abril de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no relatorio que ofreceu Xesús Alonso Montero en Madrid sobre o lingüista Aníbal Otero.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de abril de 2011

    A Fundación Azkue puxo en servizo no seu portal de internet unha nova ferramenta dixital que permite converter automaticamente textos do éuscaro biscaíño ao batúa ou unificado e viceversa, denominado “Opentrad B”.

    Fonte: ABC

    11 de abril de 2011

    Un membro destacado do partido do pobo madhesi solicitou que o hindi sexa recoñecido como lingua franca dos habitantes de Terai, rexión nepalesa fronteiriza coa India, ante os temores de que se poida desencadear outra disputa lingüística no país.

    Fonte: DNA India

    11 de abril de 2011

    Os certificados de nivel de catalán da Comunidade Valenciana xa son válidos a nivel oficial nas Illas Baleares. Así, a quen teña, por exemplo, un nivel C1 avalado pola Xunta Cualificadora de Coñecementos do Valenciano, seralle recoñecido polas institucións do Goberno balear, algo que ata agora non pasaba.

    Fonte: levante-emv

    11 de abril de 2011

    O Principado aproveitará a reivindicación do asturiano no exterior para presentar un curso que pretende aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías e dar a coñecer este idioma entre os descendentes dos emigrantes asturianos.

    Fonte: La Región

    11 de abril de 2011

    A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, comprometeuse nun encontro co representante da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a incluír a atención en galego como un requisito para a que sexa a próxima concesionaria de telefonía móbil na Cámara do Hórreo.

    Fonte: Galicia Hoxe

    11 de abril de 2011

    Un total de 600 actividades realizadas por toda Galicia para favorecer o uso do galego entre as franxas de idade máis novas. Este é o balance actual de Bocaberta 2010-2011, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder