Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de setembro de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu a estudantes polacos que están a aprender lingua, literatura e cultura galegas na Universidade de Varsovia, así como á súa profesora lectora de galego, Ana Garrido.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de setembro de 2011

    Presentouse ante o Goberno grego unha lei sobre a educación da lingua grega no estranxeiro que aspira a que se estableza unha conexión directa entre o financiamento e a calidade da educación para así acadar a máxima eficacia no ensino e difusión desta lingua.

    Fonte: Greek Reporter

    20 de setembro de 2011

    En toda a República Federal de Alemaña existen máis de 150 escolas de ensino primario bilingües e esta cifra vai en aumento. Nestes centros, as linguas estranxeiras impártense non só aos nenos de familias emigrantes, xa que os alumnos alemáns tamén sacan proveito desta oferta bilingüe.

    Fonte: Deutsche Welle

    20 de setembro de 2011

    Segundo unha enquisa realizada por Rosetta Stone, o 80 % dos profesionais directivos cre que é "moi" ou "sumamente" importante que os traballadores posúan competencias bilingües.

    Fonte: Institute of Leadership and Management

    20 de setembro de 2011

    Cómpre recordar que este ano o número de auxiliares nativos que chegarán ás aulas galegas ascende a 361, dos que 339 serán de conversa, 18 sénior e o resto froito duns convenios de colaboración asinados pola Consellería de Educación e outras entidades estranxeiras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de setembro de 2011

    Ademais de Xornal.com, nas últimas datas pecharon outros medios de comunicación como Galicia Hoxe, o único diario impreso integramente en galego, así como o semanario A Nosa Terra, que tamén era editado en lingua galega. Outros proxectos de comunicación nesta lingua, pero editados en internet, tamén se foron pechando como o caso de Vieiros.

    Fonte: Europa Press

    20 de setembro de 2011

    Os nenos eibarreses con idades comprendidas entre os 5 e 9 anos disporán, un ano máis, do programa ‘Afariketan’, que ofrece actividades lúdicas fóra do horario escolar para practicar o éuscaro.

    Fonte: El Correo

    20 de setembro de 2011

    Un total de cinco institutos andaluces ofertan a partir deste curso a dobre titulación de Bacharelato español e francés, estudos que darán acceso ao alumnado a universidades tanto españolas como francesas.

    Fonte: Europa Press

    19 de setembro de 2011

    Un éxodo electrónico da mocidade de Oriente Medio cara aos sitios de internet en lingua inglesa na busca de contido informativo e de lecer pode estar contribuíndo ao declive no uso da lingua materna árabe na rexión.

    Fonte: Albawaba

    19 de setembro de 2011

    A Filmoteca Vasca restaurou tres das primeiras películas realizadas en éuscaro, filmadas polo cineasta biscaíño Gotzon Elortza entre os anos 1959 e 1962, e supervisou a edición en DVD destas.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder