O Goberno vasco insiste en que non multará os comercios que non utilicen o éuscaro. Así o fixo saber a viceconselleira de Política Lingüística ás asociacións de consumidores e empresarios nunha reunión mantida en Vitoria.
Fonte: Diario Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno vasco insiste en que non multará os comercios que non utilicen o éuscaro. Así o fixo saber a viceconselleira de Política Lingüística ás asociacións de consumidores e empresarios nunha reunión mantida en Vitoria.
Fonte: Diario Vasco
A conselleira de Cultura e Turismo de Castela e León mantivo unha reunión de traballo cos máximos representantes dunha ducia de turoperadores e axencias especializadas en turismo idiomático de sete mercados internacionais co obxectivo de promover Castela e León como destino de aprendizaxe do español.
Fonte: Expreso
O Concello de Cotobade adherirase á Rede de Dinamización Lingüística para cooperar coa Xunta na promoción da lingua galega. Así llo expresou o alcalde da localidade pontevedresa, Jorge Cubela, ao responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no encontro institucional que ambos mantiveron na casa do concello.
Fonte: Xunta de Galicia
A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organizou unha actividade formativa destinada a amosar a metodoloxía básica da tradución de aplicativos ao galego, ao tempo que se facía fincapé nas vantaxes mesmas do software libre e dos programas potencialmente traducibles.
Fonte: Código Cero
A película “Pa negre”, de Agustí Villaronga, foi seleccionada pola Academia de Cine para representar a España na categoría de mellor película de fala non inglesa na 84 edición dos Óscar, converténdose na primeira película rodada en catalán en logralo.
Fonte: Agencia EFE
Na súa comparecencia ante o Parlamento asturiano, na que fixo un repaso dos feitos que van marcar a súa política, o conselleiro anunciou que o Goberno asturiano desenvolverá a Lei de uso e iniciará un Plan de normalización.
Fonte: Asturies.com
Os consellos asesores de Radio Televisión Española (RTVE) en Cataluña e da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) defenderon que os medios públicos sexan un instrumento de normalización lingüística do catalán.
Fonte: El Correo
O Departamento de Cultura, o Gremio de Empresarios de Cine de Cataluña e a Federación de Distribuidores Cinematográficos Fedicine presentaron o acordo ao que chegaron as tres institucións para incrementar a presenza da lingua catalá nas pantallas de cine.
Fonte: Cine y Tele
O pasado ano académico, 23 alumnos de Islandia estudaron chinés nas escolas elementais, algo que non se producira ata agora na educación regrada deste país nórdico. O inglés é a primeira lingua estranxeira da educación obrigatoria, seguido do dinamarqués. Porén, en moitas escolas, os alumnos que coñezan linguas como o noruegués ou o sueco, poden cursar estas linguas no canto do dinamarqués.
Ante o acelerado proceso de desaparición das linguas iumanas, cucapá, kiliwa, paipai e kumiai, os únicos catro idiomas indíxenas vivos do estado mexicano de Baixa California, diversas institucións académicas asinarán un convenio de colaboración para o seu rescate.
Fonte: El Universal
Subscríbase ao boletín