Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de maio de 2011

    A Lei da lingua, que se está a desenvolver, establecerá a conservación do acerbaixano. O presidente de Acerbaixán, Ilham Aliyev, dixo que é fundamental protexer a lingua materna da influencia exterior.

    Fonte: News.Az

    02 de maio de 2011

    Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado municipio galego ou coñecer como se distribúe un patronímico en Galicia xa é posible grazas á ferramenta en liña denominada "Cartografía dos apelidos de Galicia", creada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG).

    Fonte: ABC

    02 de maio de 2011

    A Xunta de Galicia reforza a capacitación lingüística da poboación adulta a través do Plan de formación en galego 2011, que foi aprobado no Consello da Xunta. Este plan, posto en marcha pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, incide nas áreas de formación lingüística xeral e específica, no sistema de acreditación do coñecemento de galego (Celga e mais na elaboración de materiais e recursos para a aprendizaxe do idioma.

    02 de maio de 2011

    Brasil considera o Instituto Cervantes un "modelo de difusión" dunha lingua e podería basear os seus plans de promoción do portugués nesa experiencia co español, afirmou o director de Relacións Internacionais do Ministerio de Cultura deste país, Marcelo Dantas.

    Fonte: Canal Patrimonio

    02 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Modernización vén de informar da posta en funcionamento dunha tecnoloxía encamiñada a favorecer a Administración electrónica entre o colectivo galego de persoas con diversidades funcionais auditivas. Trátase dun sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas, posto en marcha no Rexistro Xeral da Xunta e a través do portal corporativo.

    Fonte: Código Cero

    02 de maio de 2011

    Os colexios estranxeiros en Euskadi deberán impartir de forma obrigatoria as ensinanzas de lingua e literatura vasca e española, que serán avaliables e contarán para a media final das cualificacións do alumno, a partir do próximo curso.

    Fonte: Página de Noticias

    02 de maio de 2011

    O executivo rexional autorizou un convenio entre a Consellería de Política Social, Muller e Inmigración, a Universidade de Murcia e a Caixa de Aforros do Mediterráneo para o desenvolvemento do proxecto de intervención de intérpretes de lingua de signos nas aulas universitarias para o alumnado con discapacidade auditiva.

    Fonte: 20 minutos

    29 de abril de 2011

    A reforma laboral aprobada polo Decreto 10/2010 está dispoñible xa en lingua de signos española, de forma que as persoas xordas que utilizan esta vía de comunicación poden informarse a través dela das medidas adoptadas para dinamizar o tecido laboral do país.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    29 de abril de 2011

    Os centros educativos estremeños sostidos con fondos públicos teñen un prazo de 20 días para solicitar á Consellería de Educación a autorización para impartir un segundo idioma no terceiro ciclo de educación primaria, e dunha terceira lingua estranxeira en secundaria, a partir do curso 2011/12.

    Fonte: Europa Press

    29 de abril de 2011

    O Goberno de Ghana comprométese a garantir o desenvolvemento das linguas locais para promover a cultura para o desenvolvemento nacional.

    Fonte: GhanaWeb

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder