Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de outubro de 2011

    Un equipo de investigadores da Universidade Politécnica de Madrid presentou o primeiro dicionario de informática español co obxectivo de converterse nunha axuda para a inclusión das persoas xordas e xordo-cegas que realicen estudos de enxeñerías ou desexen consultar unha ferramenta técnica.

    Fonte: Europa Press

    20 de outubro de 2011

    Un total de 261 queixas motivadas pola percepción de que os seus dereitos lingüísticos estaban sendo vulnerados presentaron en 2010 os cidadáns vascos ante Elebide, o Servizo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos do Goberno vasco.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de outubro de 2011

    Segundo a reforma sanitaria aprobada por unanimidade pola Cámara de Senadores de México, todos os hospitais e clínicas do sistema nacional de saúde deberán contar con intérpretes de lingua indíxena para atender a poboación das comunidades indíxenas.

    Fonte: El Heraldo de Chiapas

    19 de outubro de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en sede parlamentaria as iniciativas que está a levar a cabo o seu departamento a prol da dinamización do galego nas franxas de idade máis novas. Con este obxectivo, explicoulles aos grupos parlamentarios o traballo realizado nos últimos meses para promover o idioma “no sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación efectiva en dinamización lingüística”, dixo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de outubro de 2011

    Co fin de fomentar o uso do galego nos proxectos de investigación no ámbito universitario, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca, un ano máis, as axudas á investigación en lingua galega.

    Fonte: Universidade de Vigo

    19 de outubro de 2011

    O pasado 10 de outubro presentouse un escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación que recibiu xa, a tan só unha semana da presentación do sitio http://marxinaciondogalegonosmedios.es, o apoio de máis de 3000 persoas e colectivos de variados ámbitos, profesións e opcións ideolóxicas.

    Fonte: Galicia Hoxe

    19 de outubro de 2011

    Tafalla reuniu a miles de persoas no Nafarroa Oinez para dar un ano máis o seu apoio ao éuscaro na festa das ikastolas privadas.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de outubro de 2011

    A Fundación Elhuyar elaborou un sistema para aprender éuscaro básico a través do teléfono móbil. Traduce palabras e frases do castelán ao éuscaro e está dirixido aos adultos que acoden ao País Vasco e queren ter unha conversa elemental cos vascoparlantes. A aplicación poderase descargar gratis desde o enderezo de internet moblang.eu.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de outubro de 2011

    O Ministro de Inmigración canadense, Jason Kenney, propuxo cambios nos criterios de nacionalidade que obrigarán os titulares de visados canadenses a demostrar o dominio de inglés ou francés, as dúas linguas oficiais de Canadá, para poder acadar a cidadanía.

    Fonte: Canadian Visa Bureau

    18 de outubro de 2011

    O presidente dunha das asociacións máis antigas da lingua gaélica reclama un uso máis prominente da lingua nas Hébridas Occidentais de Escocia. John MacLeod, de An Comunn Gaidhealach (A Asociación Gaélica), declarou que o gaélico debería converterse na "lingua principal das actividades públicas".

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder