O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do ciclo de divulgación científica ConCiencia, Jorge Mira, recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2011 na modalidade de investigación por liderar o traballo ‘A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo estable cando dúas linguas compiten’, realizado con Luís Seoane e Juan Nieto.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagonizou un congreso na capital galega que congregou numerosos expertos na materia de diversos puntos de Europa.
Fonte: Xunta de Galicia
A versión máis recente de Kindle, o dispositivo de lectura de libros dixitais, xa ten incorporado o dicionario da lingua portuguesa, froito dun acordo asinado entre a empresa portuguesa Priberam e Amazon.com.
O Instituto Vasco Etxepare participou na edición de 2011 da Feira das Linguas de Londres, unha das máis importantes feiras lingüísticas de Europa, onde o éuscaro compartiu expositor con linguas de todo o mundo.
Fonte: Eitb
Con motivo do festival nacional da cultura gaélica escocesa (Am Mòd Nàiseanta Rìoghail), presentouse un novo recurso dirixido a persoas interesadas en aprender a lingua gaélica. LearnGaelic.net ofrece aos usuarios orientación gramatical, unha ferramenta terminolóxica e información sobre a cultura gaélica co fin de reforzar o dominio e o coñecemento desta lingua.
Fonte: Highland News
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na inauguración da VII Xornada de Normalización Lingüística organizada polas Escolas Católicas de Galicia (Ferega-Ceca). Durante o acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, o secretario xeral subliñou “o importante traballo que leva realizando durante anos Ferega-Ceca a prol da dinamización lingüística desde os centros de ensino”.
Fonte: Xunta de Galicia
Mapfre desenvolveu unha nova canle de comunicación para poder atender mediante unha cámara web en lingua de signos as persoas xordas e con discapacidade auditiva.
Fonte: Europa Press
Nos seis primeiros meses deste ano, a Consellería de Empresa e Emprego iniciou 502 requirimentos sancionadores por “vulneración dos dereitos lingüísticos” unicamente na cidade de Barcelona. Destes, 53 acabaron en sanción, por un importe total de 39 400 euros.
Fonte: La Voz de Barcelona
Mª del Carmen Méndez, unha investigadora da Universidade de Vigo, analizou na súa tese de doutoramento máis de 1217 periódicos de España e Hipanoamérica. A finalidade era, segundo explica, “primeiro, constatar as diferenzas da creación léxica entre o español de España e Hispanoamérica; segundo, dar fe de formacións neolóxicas no corpus do estudo; terceiro, confirmar as diferenzas diatópicas e, cuarto e último, comprobar as particularidades da morfoloxía no español da prensa”.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo públicas as primeiras listaxes cos resultados definitivos das probas Celga de 2011, para a certificación do coñecemento de lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín
