Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de outubro de 2011

    As empresas e organizacións de Escocia empregan cada vez máis o gaélico nas súas actividades e carteis comerciais, segundo a asociación da lingua gaélica Comunn na Gàidhlig.

    Fonte: BBC News

    25 de outubro de 2011

    A BBC, a S4C (canle en lingua galesa) e o Goberno británico chegan a un acordo sobre o financiamento da televisión galesa ata 2017. O presidente da dirección da S4C, Huw Jones, considerou o acordo como "histórico e importante".

    Fonte: Wales Online

    25 de outubro de 2011

    Máis de 15 000 alumnos aragoneses quedarán este ano sen o plan de animación cultural en catalán Jesús Moncada despois de que o Goberno de Aragón decidira suprimilo.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    25 de outubro de 2011

    Os eurodeputados de CiU, ERC e ICV uníronse para presentar unha emenda conxunta que pide a oficialidade do catalán na UE aproveitando a revisión dos tratados debido á próxima adhesión de Croacia.

    Fonte: La Vanguardia

    25 de outubro de 2011

    O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Miguel Abel e o técnico do Servizo de Normalización Lingüística Xusto Rodríguez elaboraron un vocabulario de termos de dereito penal en galego.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    24 de outubro de 2011

    Aínda que o inglés segue sendo a lingua máis falada entre o persoal directivo dos catro continentes, o chinés estase convertendo non só na lingua máis falada do mundo senón tamén na chave mestra para o mercado asiático, líder mundial da produción industrial.

    Fonte: Manager Online

    24 de outubro de 2011

    Os cidadáns da Unión Europea teñen agora a posibilidade de atopar un notario que fale a súa lingua en calquera país de Europa. O Comité de Notarios da Unión Europea (CNUE) e a Comisión Europea puxeron en marcha o directorio www.notaries-directory.eu que permitirá aos cidadáns atopar un notario en Praga, por exemplo, que fale portugués co obxectivo de que lles axude cos negocios transfronteirizos como a adquisición de bens inmobiliarios ou operacións de liquidación de sucesións, entre outros.

    24 de outubro de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou os obxectivos e estratexias polos que aposta o seu departamento para promover o fomento social do galego. Fíxoo no congreso As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro, no marco dunha mesa redonda sobre a promoción dos idiomas minoritarios desde as institucións rexionais europeas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de outubro de 2011

    A aplicación está destinada a persoas que están aprendendo éuscaro, así como a tradutores, escritores, profesores ou estudantes, que busquen a máxima corrección nos seus textos, segundo informou Ideateca.

    Fonte: Europa Press

    24 de outubro de 2011

    Os alumnos da Fundación Vinjoy, coa colaboración da Universidade de Oviedo, editaron un DVD musical en lingua de signos. Cancións para ver, nas que se mesturan a interpretación teatral coas letras signadas por estudantes.

    Fonte: El Comercio

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder