Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de outubro de 2011

    A promoción social da lingua galega inicia unha nova etapa coa constitución da Rede de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, pioneira no fomento do galego desde as administracións públicas, quedou formalmente constituída nunha sesión celebrada na capital de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de outubro de 2011

    Euskaltzaindia inaugurou o seu novo Centro de Investigación do Éuscaro Luis Villasante, que vai reunir todos os servizos e grupos de investigación que ten a Academia da Lingua Vasca en Guipúscoa.

    Fonte: Diario Vasco

    31 de outubro de 2011

    A plataforma aragonesa “Non Falamos Catalán” iniciou unha recollida de sinaturas para que as modalidades lingüísticas da zona oriental de Aragón sexan declaradas Ben de Interese Cultural da comunidade na súa acepción de bens culturais inmateriais.

    Fonte: Aragón Liberal

    30 de outubro de 2011

    Investigadores rusos e da cidade canadense de Saskatoon están tentando salvar unha lingua doukhobor que está a piques de desaparecer en Canadá. A lingüista Veronika Makarova, que abandonou Rusia para salvar esta lingua, estima que hai menos de 50 persoas que aínda a falan na provincia canadense de Saskatchewan.

    Fonte: The Vancouver Sun

    30 de outubro de 2011

    Un dos principais problemas de Perú son as diferenzas no rendemento educativo. Por este motivo, a ministra peruana de Educación, Patricia Salas O'Brien, defendeu que é importante que as poboacións de Perú e América Latina non sintan que as súas linguas indíxenas son un estigma de pobreza e exclusión. Co fin de resolver esta situación, o Ministerio de Educación peruano ten como obxectivo impulsar a educación bilingüe e a normalización das linguas indíxenas.

    Fonte: Univision

    29 de outubro de 2011

    O Parlamento de Angola aprobou unha lei que definirá as normas xerais de uso das linguas nacionais de orixe africana, informou a ministra de Cultura, Rosa Cruz.

    Fonte: Jornal de Angola

    29 de outubro de 2011

    O ministro de Educación de Sudán do Sur, Joseph Ukel, declarou que o árabe será substituído gradualmente polo inglés como lingua oficial de comunicación nas escolas e oficinas públicas, tal e como se establece na nova constitución do país africano.

    Fonte: Saturday Nation

    28 de outubro de 2011

    O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Camilo José Cela presentan o Portal de ditados tópicos galegos, proxecto que xorde inicialmente con fichas recollidas para o Diccionario Geográfico Popular de España iniciado polo escritor Camilo José Cela e no que recompila información sobre alcumes, xentilicios, refráns ou cantigas referentes a localidades galegas.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    28 de outubro de 2011

    Antón Bao, titular da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, adiantou os seus plans para fomentar o uso do galego en ámbitos profesionais como son a avogacía e as notarías.

    Fonte: La Voz de Galicia

    28 de outubro de 2011

    O Xulgado de Paz de Soraluze permite, a partir de agora, inscribir en éuscaro os nacementos, matrimonios e decesos, grazas a unha mellora introducida no sistema Inforeg e á aplicación da Lei 12/2005 de 22 de xuño.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder