As persoas que recibiron clases de éuscaro no curso 2010-11 ou tamén as que o veñen facendo durante os meses de verán de 2011 poden solicitar as axudas para aprender éuscaro na oficina de Atención ao Cidadán.
Fonte: Diario Vasco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As persoas que recibiron clases de éuscaro no curso 2010-11 ou tamén as que o veñen facendo durante os meses de verán de 2011 poden solicitar as axudas para aprender éuscaro na oficina de Atención ao Cidadán.
Fonte: Diario Vasco
O Consello Navarro do Éuscaro decidiu deixar sobre a mesa o decreto que regula os novos estatutos de Euskarabidea (Instituto Navarro do Éuscaro) para que a nova redacción conteña os mesmos obxectivos que tiña ata agora e conservar, entre outras cousas, a potestade do instituto de emitir informes sobre políticas lingüísticas a organismos públicos para o fomento desta lingua sen necesidade de que llo pidan, así como xestionar a convocatoria de axudas aos medios de comunicación.
Oliver Paasch e Marie-Dominique Simonet, ministros da Comunidade Xermanófona e da Federación Valonia-Bruxelas de Ensino, confirmaron o seu desexo de intensificar a súa colaboración para promover o bilingüismo.
Fonte: Le Vif
Os expertos en linguas reunidos nun congreso en Abidjan defenden un emprego da diversidade lingüística en beneficio da cohesión social en Costa de Marfil.
Fonte: Afriquinfos
Recuperar a figura do intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla e contribuír ao recoñecemento da súa traxectoria vital e profesional a prol da cultura e da lingua galegas. Estes son os principais obxectivos que moveron a obra Cadernos Ramón Piñeiro (XIX). Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Fonte: Xunta de Galicia
O 47,5% dos 697 estranxeiros que aspiraban á credencial non pasa o nivel básico dunha proba que se pode facer en catalán ou castelán.
Fonte: La Vanguardia
Esta nova versión 3.4.2 está dispoñible en galego e está moi recomendada para as empresas e para as administracións públicas.
Fonte: Código Cero
Foron un total de seis os acordos asinados en Rabat para o ensino da lingua e da cultura tamazight aos fillos dos marroquís que residen no estranxeiro.
Fonte: Aufait Maroc
As linguas nativas do país poderán levar a súa cultura a un nivel virtual con Wikimedia México, unha división para o país da fundación internacional Wikimedia, responsable da enciclopedia en liña Wikipedia.
Fonte: CNN México
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou na súa páxina web (www.xunta.es/linguagalega) a resolución cos resultados provisionais das probas de Certificación de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín