Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2011

    Recuperar a figura do intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla e contribuír ao recoñecemento da súa traxectoria vital e profesional a prol da cultura e da lingua galegas. Estes son os principais obxectivos que moveron a obra Cadernos Ramón Piñeiro (XIX). Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de agosto de 2011

    O 47,5% dos 697 estranxeiros que aspiraban á credencial non pasa o nivel básico dunha proba que se pode facer en catalán ou castelán.

    Fonte: La Vanguardia

    12 de agosto de 2011

    Esta nova versión 3.4.2 está dispoñible en galego e está moi recomendada para as empresas e para as administracións públicas.

    Fonte: Código Cero

    12 de agosto de 2011

    Foron un total de seis os acordos asinados en Rabat para o ensino da lingua e da cultura tamazight aos fillos dos marroquís que residen no estranxeiro.

    Fonte: Aufait Maroc

    12 de agosto de 2011

    As linguas nativas do país poderán levar a súa cultura a un nivel virtual con Wikimedia México, unha división para o país da fundación internacional Wikimedia, responsable da enciclopedia en liña Wikipedia.

    Fonte: CNN México

    12 de agosto de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou na súa páxina web (www.xunta.es/linguagalega) a resolución cos resultados provisionais das probas de Certificación de lingua galega (Celga).

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de agosto de 2011

    Isto é o que reflicten os resultados preliminares dun estudo sobre a adquisición da linguaxe en bebés que se está realizando no Basque Center on Cognition, Brain and Language (BCBL).

    Fonte: Diario Vasco

    11 de agosto de 2011

    Un proxecto lingüístico levado a cabo en Estados Unidos traballa na elaboración dunha base de datos do idioma yuracaré para documentalo, co obxectivo de servir de ferramenta académica ou social.

    Fonte: Los Tiempos

    11 de agosto de 2011

    O Consello de Ministros timorense está a preparar unha reforma legal coa que pretende eliminar a lingua portuguesa do sistema de ensino básico en Timor Leste.

    Fonte: Jornal Digital

    10 de agosto de 2011

    O Instituto Etxepare estendeu o programa de difusión do éuscaro e da cultura vasca a universidades de 12 países –Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Alemaña e, fundamentalmente, de América Latina- a través dun programa de lectorados.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder