Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de agosto de 2011

    A asociación a favor do éuscaro Aspaltza Euskara Elkartea de Amurrio organizou unha ludoteca infantil para o mes de setembro. A idea é que os menores se divirtan con diferentes xogos, ao tempo que se fomenta o uso da lingua vasca entre eles.

    Fonte: El Correo

    23 de agosto de 2011

    A Secretaría de Educación informou de que en total se entregarán 78.000 libros de texto escritos en lingua tepehuán, guarojío, pima e rarámuri para facilitar o proceso de alfabetización de case vinte mil nenos indíxenas que viven no estado.

    Fonte: Diario

    22 de agosto de 2011

    O Síndic (Valedor do Pobo), José Cholbi, anima a todas as institucións académicas públicas, excepto á Universidade Jaume I de Castellón, a que constitúan comisións de política lingüística co obxectivo de impulsar a docencia en valenciano e a normalización lingüística en todas as titulacións.

    Fonte: ABC

    22 de agosto de 2011

    O presidente da Deputación de Lleida, Joan Reñé, avanzou que manterá conversas co Goberno aragonés para garantir que os cidadáns da Franxa "falen con absoluta normalidade" as tres linguas.

    Fonte: Europa Press

    22 de agosto de 2011

    A Xunta de Galicia e os colectivos sindicais unen esforzos co obxectivo común de fomentar o uso da lingua galega no ámbito laboral, así como na actividade interna destas entidades e na súa relación coa cidadanía.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de agosto de 2011

    O director de formación da Dirección Xeral de Educación Indíxena (DGEI), Edgar Sierra Soler, informou de que, de todo o país, só as linguas maia e náhuatl dan mostras de franca recuperación e inserción na sociedade.

    Fonte: SIPSE

    19 de agosto de 2011

    A Plataforma Rexional Pro Identidade Leonesa pediulle ao Concello de León que “en cumprimento da lexislación vixente” e para “non conculcar os dereitos dos leoneses que falen ou queiran aprender leonés”, manteña o seu uso na documentación do Consistorio dunha forma “bilingüe”, así como na páxina web da institución.

    Fonte: Leonoticias

    19 de agosto de 2011

    O Consello de Goberno da Junta de Castilla y León aprobou un investimento de 495.658 euros para a contratación de 26 intérpretes de lingua de signos que traballarán, durante o próximo curso 2011-2012, cos alumnos e colexios da Comunidade que o soliciten.

    Fonte: Salamanca 24 horas

    19 de agosto de 2011

    Cada vez menos empregada, a lingua francesa deixa lugar ao wolof, que se impón nas empresas, as escolas ou os debates políticos.

    Fonte: Jeune Afrique

    19 de agosto de 2011

    A partir do curso escolar 2013-2014, os alumnos flamengos deberán aprender obrigatoriamente inglés como terceira lingua, despois do francés.

    Fonte: Express

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder