Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2011

    “O estudo do galego debe servir para axeitar a nosa lingua ás esixencias terminolóxicas dunha sociedade moderna, facilitar a súa aprendizaxe, vencer os prexuízos que a atenazan e coñecernos e sentirnos orgullosos de nós mesmos”. Así se expresou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no acto de presentación d’O galego en Zolle, de Xosé Luís Vázquez Somoza, obra premiada no III Certame de Investigación Condado de Pallares.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de marzo de 2011

    Os Axóuxeres, o programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca contribuír á transmisión lingüística do galego, visitaron os concellos de Foz e Vilalba cos seus Obradoiros, destinados aos nenos e nenas de 0 a 3 anos e mais ás súas familias, como o resto do programa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de marzo de 2011

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocará seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2011

    O Instituto Camões e a Escola Internacional das Nacións Unidas traballarán xuntos na expansión e fortalecemento do ensino da lingua portuguesa nesa institución educativa, indicou a coordinadora do ensino do portugués nos Estados Unidos.

    Fonte: Diário Digital

    20 de marzo de 2011

    O Goberno francés creará dez centros de recursos lingüísticos en escolas de ensino secundario e cinco en universidades de Kenya que ofrecerán modernos métodos e materiais de aprendizaxe e ensino do francés a profesores e alumnos. O proxecto pretende revitalizar a lingua francesa no país africano.

    Fonte: Afrique en ligne

    20 de marzo de 2011

    A proposta viu a luz con posterioridade á unha lei aprobada en 1992 que estipulaba que o 33 % da música emitida nas emisoras de radio debía estar en polaco, aínda que non chegaba a especificar a franxa horaria. Porén, unha recente emenda a esta lei, presentada polo Ministerio de Cultura polaco, establece agora que, entre as 5 da mañá e a media noite, o 60 % da música ten que emitirse na lingua oficial do país.

    Fonte: The News

    20 de marzo de 2011

    En Tangran, unha cidade do centro da China, localizada no extremo da meseta tibetana, carteis de gran tamaño anuncian que dez millóns de dólares se investirán na construción de relucentes oficinas, centros culturais e un estadio. Trátase dun proxecto de desenvolvemento financiado polo estado co que Pequín quere levar unha mellor calidade de vida á cidade. Porén, os sinais están escritos só en chinés mandarín. Para os tibetanos que non poden ler mandarín, trátase dunha información sen sentido.

    20 de marzo de 2011

    A carencia de habilidades en lingua estranxeira segue a ser un problema entre a man de obra vietnamita dos servizos da informática. Un estudo elaborado en dez empresas de software do país mostrou que só un 25-40 % dos traballadores cumpren os requisitos de coñecemento en lingua estranxeira.

    Fonte: VietNamNet

    18 de marzo de 2011

    A Delegación de Educación de Sevilla e o Teatro da Maestranza coa colaboración de 18 centros educativos sevillanos estrearán este próximo 9 de abril no Teatro da Maestranza a ópera de Engelbert Humperdinck Hansel e Gretel.

    Fonte: Diario Signo

    18 de marzo de 2011

    O servizo de consultas lingüísticas sobre usos correctos do éuscaro por internet de Euskaltzaindia, Jagonet, recibiu na súa primeira década en funcionamento un total de 835.000 solicitudes de asesoramento, das cales 140.443 foron en 2010.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder