Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xullo de 2011

    Nenos indíxenas de educación primaria e secundaria de México recibirán clases das súas linguas maternas. As linguas incluídas neste programa educativo serán inicialmente o maia, o náhuatl, o nñahñu e o tutunacu.

    Fonte: Notisistema

    12 de xullo de 2011

    Catrocentas persoas de corenta nacionalidades distintas participarán este mes de xullo nos cursos de verán de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros e de formación para profesores de español como lingua estranxeira que organiza Cursos Internacionais da USC.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    12 de xullo de 2011

    Panamá acollerá en 2013 o sexto Congreso Internacional da Lingua Española, unha cita que foi tratada na reunión de traballo que mantivo no Instituto Cervantes unha vintena de altos responsables de institucións culturais españolas.

    Fonte: Xornal de Galicia

    12 de xullo de 2011

    A información dispoñible, que se pode consultar no enderezo "www.rednoviolenciagex.com", está estruturada en varios bloques que dan resposta ás dúbidas máis frecuentes sobre a denuncia, a orde de protección e os recursos dispoñibles.

    Fonte: ABC

    12 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou os concellos pontevedreses de Cangas e de Redondela co fin de valorar cos seus alcaldes novas vías de cooperación para promover o uso do galego desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de xullo de 2011

    Armenios da rexión de Javakhk en Xeorxia están en contra do sistema de educación bilingüe introducido polo Goberno nas escolas de minorías étnicas, xa que pode significar un obstáculo para o estudo da lingua nativa armenia.

    Fonte: PanArmenian.net

    11 de xullo de 2011

    O Goberno de Quebec publicou un novo sitio web do departamento de sanidade unicamente en francés a pesar de que as leis obrigan a empregar tamén o inglés en todas as comunicacións cos cidadáns.

    Fonte: National Post

    11 de xullo de 2011

    O Campus de Las Llamas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) inaugurará a quinta edición do “Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira".

    Fonte: 20 minutos

    11 de xullo de 2011

    Ata o pasado mes de xuño, o total de ertzainas que teñen acreditado o perfil lingüístico da súa dotación é de 2.760, é dicir, o 34,5 por cento do total.

    Fonte: ABC

    11 de xullo de 2011

    Os distribuidores e a Consellería de Cultura selan a paz. Dobraranse ao catalán entre 35 e 40 títulos de éxito ao ano e o festival de Sitges volverá ter filmes de grandes estudios, tras o veto da última edición.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder