Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xullo de 2011

    O número de alumnos de lingua portuguesa continúa a medrar en Venezuela. Na área da capital, Caracas, hai máis de 1700 estudantes activos, aínda que existe unha falta de salas axeitadas para o ensino.

    Fonte: Notícias Sapo

    09 de xullo de 2011

    Dous empresarios neozelandeses deseñaron o primeiro teclado do mundo en lingua maorí coincidindo coa Semana da Lingua Maorí en Nova Zelandia.

    Fonte: The Daily Post

    09 de xullo de 2011

    O ministro de Educación sueco, Jan Björklund, planea introducir clases de chinés nas escolas. Con esta medida Suecia converteríase no primeiro país de Europa en ofrecer esta lingua no ensino. O ministro defendeu que o acceso á lingua chinesa das futuras xeracións é crucial para ser máis competitivos no marco económico actual.

    Fonte: Financial Times

    08 de xullo de 2011

    O Instituto Goethe, que cumpre nestas datas sesenta anos, fundouse en 1951. Cos seus 150 centros en 92 países dos cinco continentes é o principal organismo destinado á difusión da lingua e cultura alemás no mundo.

    Fonte: DRadio Wissen

    08 de xullo de 2011

    O secretario executivo da Xarxa Vives, Ignasi Casadesús, informou nunha rolda de prensa en Barcelona de que os 957 estudantes que pediron estudar catalán supoñen un incremento do 43 % respecto ao ano anterior.

    Fonte: ABC

    08 de xullo de 2011

    A delegación da Xunta de Galicia en Ourense incorporou o «servizo de videointerpretación para persoas xordas», o que lle permitirá ao colectivo de persoas con discapacidade auditiva da provincia realizar as súas xestións ante o rexistro xeral da delegación sen ter que acudir obrigatoriamente cun intérprete da lingua de signos.

    Fonte: La Voz de Galicia

    08 de xullo de 2011

    O Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras outorgará 3.000 euros a quen deseñe a mellor campaña de normalización e 1.500 euros a quen teña a mellor idea para a promoción do galego.

    Fonte: CTNL

    08 de xullo de 2011

    O idioma galego estará presente na IV Conferencia Internacional de ALTE, a Asociación de Avaliadores de Linguas en Europa (Association of Language Testers of Europe).

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de xullo de 2011

    Unha delegación conformada por membros da asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego denunciou ante os membros do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias os "pasos atrás gravísimos" emprendidos desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao Goberno galego en 2009.

    Fonte: Europa Press

    07 de xullo de 2011

    A Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat de Catalunya, a través da Axencia de Xestión de Axudas Universitarias e de Investigación (Agaur), destinará 80.000 euros a uns 160 doutorandos que defenderan a súa tese en catalán durante 2010.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder