Un semanario de información xeral e mais un diario dixital en galego. Estas son as propostas que a iniciativa Sermos Galiza quere desenvolver antes de que remate este ano.
Fonte: Culturagalega.org
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un semanario de información xeral e mais un diario dixital en galego. Estas son as propostas que a iniciativa Sermos Galiza quere desenvolver antes de que remate este ano.
Fonte: Culturagalega.org
Un total de 3202 persoas realizou as probas que vén de organizar a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter a Certificación de coñecemento en lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere sumarse á conmemoración do 150 aniversario dos Xogos Florais da Coruña, que marcaron o inicio do noso Rexurdimento literario e, con el, da restauración do galego como idioma de cultura.
Fonte: Xunta de Galicia
En Italia a lei protexe doce linguas minoritarias que se falan en diferentes rexións do país (albanés, catalán, alemán, grego, esloveno, croata, francés, francoprovenzal, friulano, ladino, occitano e sardo). Co fin de lembrar o papel que estas minorías lingüísticas teñen na sociedade, a provincia de Turín organizou a Xornada Nacional das Minorías Lingüísticas Históricas na localidade de Ceresole Reale.
Fonte: Affaritaliani
Unha enquisa elaborada polo sitio de internet Trabalhando.com.br mostra que o 52 % dos brasileiros fala só a súa lingua materna e que un 18 % fala inglés con fluidez. Ademais, o estudo tamén indica que só un 3 % dos brasileiros fala máis de tres linguas.
Fonte: Administradores.com.br
O Organismo Público da Lingua Vasca do País Vasco francés financiará un total de 64 proxectos dirixidos á promoción do uso da lingua vasca especialmente entre a mocidade.
Fonte: Sud Ouest
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de entrega dos premios Lois Peña Novo, uns galardóns que, segundo asegurou, “van camiño de cumpriren dúas décadas de recoñecementos ininterrompidos a quen, dun xeito ou doutro, se singularizou polo seu compromiso coa lingua galega nos eidos das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Congreso aprobou unha proposta de resolución presentada por ERC na que se instaba o Goberno a garantir que o catalán será a lingua vehicular no ensino na Comunidade Valenciana e en Baleares.
Fonte: El Mundo
O alcalde de San Sebastián, Juan Carlos Izagirre, asegurou que se impulsará a lingua e a cultura vascas con motivo da capitalidade cultural da cidade en 2016.
Fonte: ABC
A Real Academia Galega (RAG) elaborará un informe que profundará nas causas e posibles solucións ante a mingua do espazo da comunicación en Galicia tras a "desaparición" de varios medios en galego, o máis recente Galicia Hoxe.
Fonte: Galicia Hoxe
Subscríbase ao boletín