Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xaneiro de 2011

    Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para 2011 un total de 140 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de xaneiro de 2011

    "O ensino non pode deixar fóra a lingua materna" foi a mensaxe dos estudantes kurdos que iniciaron unha mobilización nas universidades despois dun boicot dunha semana nos centros de educación primaria e secundaria nas rexións de maioría kurda en Turquía. Reclaman un dereito simple e natural: acceder ao ensino en lingua kurda.

    Fonte: Kurdish Globe

    19 de xaneiro de 2011

    Con motivo da cerimonia inaugural do Congreso internacional de profesores de lingua e literatura persas que tivo lugar na Universidade de Teherán, o xefe de gabinete da Oficina Presidencial de Irán propuxo a creación dunha academia conxunta de tres países de lingua persa: Irán, Taxiquistán e Afganistán.

    Fonte: Tehran Times

    19 de xaneiro de 2011

    A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comprometeuse a adaptar o manual de tráfico á lingua de signos española, así como un glosario específico co obxectivo de facilitar o acceso ao permiso de conducir á comunidade de persoas xordas, segundo informou a Confederación Nacional de Xordos (CNSE).

    Fonte: Europa Press

    19 de xaneiro de 2011

    O Senado deu un paso histórico coa estrea do uso das linguas cooficiais na Cámara que, malia o seu carácter territorial, ata agora vetaba esta posibilidade aos seus representantes.

    Fonte: Público

    19 de xaneiro de 2011

    A Fundación rioxana San Millán de la Cogolla e a Universidade do País Vasco asinarán un convenio para investigar e difundir o patrimonio emilianense referido ao pasado común de ambos os territorios e á historia das linguas castelá e vasca.

    Fonte: ABC

    19 de xaneiro de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas para fomentar o uso do galego desde o ámbito educativo durante o curso escolar 2010-2011. A secretaría xeral destina 50.700 euros para a realización de proxectos de fomento do galego nos centros de ensino de titularidade privada.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de xaneiro de 2011

    Un informe da Organización das Nacións Unidas que analiza a situación dos dereitos humanos dos pobos saami en Suecia, Finlandia e Noruega reclama aos estados nórdicos que destinen máis financiamento aos parlamentos destes pobos para promover o coñecemento xeral das poboacións indíxenas do Ártico, así como a súa lingua e cultura.

    Fonte: EurActiv

    18 de xaneiro de 2011

    A Universidade Federal de Grande Dourados no Brasil participa nun proxecto en colaboración coa Organización Internacional do Traballo (OIT) que ten como obxectivo traducir documentos relativos aos dereitos indíxenas ás linguas guaraní-kaiowá e terena.

    Fonte: MS JÁ Portal de Notícias

    18 de xaneiro de 2011

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) destacou a necesidade de impulsar os medios de comunicación en valenciano, especialmente Televisión Valenciana, para conseguir que esta lingua gañe “un espazo máis amplo no ámbito social”.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder