Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xaneiro de 2011

    Dúas escolas de Manukau (Nova Zelandia) únense para crear un novo centro de ensino secundario, o Kia Aroha College, que ofrecerá educación bilingüe en maorí, samoano, tongano e maorí das Illas Cook a alumnos de entre 10 e 17 anos.

    Fonte: The Aucklander

    15 de xaneiro de 2011

    Na súa busca de mellores oportunidades laborais, un maior número de rapazas e rapaces francófonos asiste a centros de ensino superior anglófonos, o que constitúe unha ameaza para o francés como “lingua común da sociedade quebequesa”. Esta é a conclusión dun estudo realizado pola Central de Sindicatos do Quebec (CSQ), o sindicato que representa a maioría dos profesores desta provincia canadense.

    14 de xaneiro de 2011

    A Fundación Comillas editou o libro “O español, lingua de comunicación nas organizacións empresariais”, que será presentado nun acto co que a entidade retoma o seu calendario de actividades.

    Fonte: Europa Press

    14 de xaneiro de 2011

    O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran Lleida, puxo en cuestión que as comunidades autónomas sen unha lingua propia diferente do castelán dispoñan dunha canle de televisión específica.

    Fonte: ABC

    14 de xaneiro de 2011

    Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010 tras pasar de 57.011 a 30.334, respectivamente, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, que achaca a caída rexistrada á "discriminación" e trato "deficiente e irregular" que sofren os falantes de galego desde a Administración de Xustiza.

    Fonte: Europa Press

    13 de xaneiro de 2011

    A pesar da gran mobilidade da poboación que existe hoxe e da incorporación á Comunidade Valenciana de novos cidadáns procedentes doutras autonomías e outros países, o valenciano estase adaptando ben a esta nova situación propia dunha sociedade moderna.

    Fonte: La Razón

    13 de xaneiro de 2011

    Google lanzou unha aplicación que permite que un teléfono móbil traduza unha conversa ao momento. Os usuarios que falan cun dispositivo que teña Android, o sistema operativo de Google, escoitarán as súas palabras traducidas noutra lingua, e a conversa da outra persoa traducirase á lingua orixinal.

    Fonte: The Telegraph

    13 de xaneiro de 2011

    A Asociación Nacional pola Liberdade Lingüística (ANNL) realizou un estudo detallado sobre o uso do castelán nas páxinas web dos concellos situados nas comunidades en que existe máis dunha lingua oficial. O resultado foi demoledor: 868 municipios non ofrecen aos seus veciños unha versión da súa web en castelán.

    Fonte: Libertad Digital

    13 de xaneiro de 2011

    A Embaixada da India en Kuwait organizou un acto para celebrar o Día Internacional do Hindi, no marco dos seus esforzos para promover a lingua e o seu uso.

    Fonte: Deccan Herald

    12 de xaneiro de 2011

    A Axencia de Noticias de Portugal (Agência Lusa) e a Radio e Televisión de Portugal (RTP) asinan un protocolo para desenvolver unha plataforma electrónica común de intercambio entre os falantes de lingua portuguesa co fin de crear unha marca global de información en portugués.

    Fonte: Rádio Batalha

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder