Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xaneiro de 2011

    Un total de 14 concellos galegos acollerá durante esta semana múltiples actividades de Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xaneiro de 2011

    "As linguas indo-portuguesas: ¿que futuro?" é o tema dunha conferencia pronunciada por Hugo Cardoso, do departamento de Portugués da Universidade de Macau, que terá lugar no Museu do Oriente de Lisboa.

    Fonte: Diário Digital

    10 de xaneiro de 2011

    A pesar de que o maia é unha das linguas máis faladas en México, con 1,4 millóns de falantes en 2005, os estereotipos da sociedade mestiza cara ao indíxena e a falta de oportunidades para quen adoita empregar linguas nativas como o maia, son dous dos factores que puxeron este idioma nun proceso de substitución lingüística.

    Fonte: El Porvenir

    10 de xaneiro de 2011

    Quince familias galegas asesoradas por Galicia Bilingüe levarán a Xunta aos tribunais para reclamar un ensino integramente na súa lingua materna para os seus fillos, alumnos do primeiro ciclo de primaria (6 e 7 anos).

    Fonte: El Correo Gallego

    10 de xaneiro de 2011

    Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) volveu resucitar a súa iniciativa para reformar o Regulamento do Congreso dos Deputados co fin de garantir “canto antes” o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Cámara Baixa.

    Fonte: El Mundo

    07 de xaneiro de 2011

    Lanzouse o primeiro xogo para iPhone en lingua galesa que poderá descargarse de iTunes e cuxos contidos están totalmente en galés. O lanzamento do xogo prodúcese despois da publicación dun curso de aprendizaxe da lingua galesa creado polo profesor Chris Price da Universidade de Aberystwyth.

    Fonte: Wales Online

    07 de xaneiro de 2011

    A canle de noticias da Televisió de Catalunya (TVC) 3/24 emitirá as noticias da noite en lingua de signos, ofrecendo así máis de tres horas semanais nesta lingua.

    Fonte: Europa Press

    07 de xaneiro de 2011

    Aínda que en certos ámbitos se poidan cualificar coma insuficientes, o certo é que tanto desde os distintos concellos da provincia de Castelló como desde diversas asociacións culturais se ofrecen multitude de programas e actividades relacionados co uso do valenciano.

    Fonte: Las Provincias

    07 de xaneiro de 2011

    A nova conselleira de Ensino da Generalitat de Catalunya, Irene Rigau, explicou que, en materia de política lingüística nas escolas, despregará a Lei de educación de Cataluña (LEC), unha normativa que "consagra" o catalán como lingua vehicular.

    Fonte: Europa Press

    06 de xaneiro de 2011

    O presidente de Paraguai, Fernando Lugo, deu o visto e prace á Lei de linguas, último requirimento necesario para a oficialización do novo instrumento legal. Entre outras cousas, a Lei de linguas ten como un dos seus obxectivos establecer as modalidades de utilización das linguas oficiais (castelán e guaraní) da República de Paraguai.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder