Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de decembro de 2010

    O Goberno valenciano investiu en actividades de promoción do valenciano un total de 17,7 millóns de euros nos últimos tres anos, segundo o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.

    Fonte: ABC

    30 de decembro de 2010

    Uns 130 alumnos estranxeiros non castelanfalantes matriculados na ESO (12-16 anos) asisten a clases para aprender español nos seus colexios ou institutos en Navarra.

    Fonte: Diario de Navarra

    30 de decembro de 2010

    Fixi aplicará a partir do vindeiro ano novos regulamentos que prohiben o uso de linguas estranxeiras nos produtos de alimentación. Segundo a páxina web Fijivillage, o Ministerio de Sanidade publicou unha directiva que obriga a todos os vendedores e comerciantes polo miúdo a retirar do mercado os produtos de alimentación etiquetados nunha lingua estranxeira.

    Fonte: RNZI

    30 de decembro de 2010

    O interese por aprender quechua está en aumento en Nova York. Decenas de estudantes e investigadores están matriculados nos diferentes cursos que se imparten na Universidade de Nova York.

    Fonte: El Comercio

    30 de decembro de 2010

    A extensión do programa de bilingüismo na provincia de Málaga é máis ca evidente. Actualmente 124 centros docentes desenvolven este programa, dos que 12 se incorporaron este curso escolar.

    Fonte: Málaga Hoy

    30 de decembro de 2010

    O inglés é a lingua internacional dos negocios e do comercio, pero a súa época de predominio en internet podería chegar á súa fin. Unha infografía que circula por internet destaca o aumento dos usuarios da web chineses e suxire que o chinés podería ser a lingua dominante de internet dentro de cinco anos.

    Fonte: FoxNews

    29 de decembro de 2010

    O Concello de Ferrol reedita, coincidindo coa época de Nadal, a campaña de dinamización lingüística "En galego, con moito gusto", coa finalidade de promover a presenza social do idioma galego nos mercados municipais de Ferrol.

    Fonte: La Voz de Galicia

    29 de decembro de 2010

    Desde o 26 de decembro, a Asociación de Internet de Israel (ISOC-IL) permite que calquera persoa rexistre nomes de dominio en hebreo co sufixo "il" (por exemplo, www.שלום.co.il) a través da páxina web de ISOC.

    Fonte: Forward

    29 de decembro de 2010

    O decreto que crea o Inventario Nacional da Diversidade Lingüística foi publicado no Diario Oficial da Unión. O inventario ten como obxectivo identificar e documentar os idiomas dos diferentes grupos que forman a sociedade brasileira.

    Fonte: Jornal da Ciência

    29 de decembro de 2010

    Na Universidade Internacional de Novi Pazar, en Serbia, realizouse un seminario dun día de duración sobre o impacto do idioma persa nas linguas rexionais dos Balcáns.

    Fonte: Tehran Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder