O Parlamento de Timor Leste aprobou unha resolución para que as Nacións Unidas e a Unión Europea utilicen o portugués ou o tetún nas relacións institucionais coas autoridades timorenses.
Fonte: SIC Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento de Timor Leste aprobou unha resolución para que as Nacións Unidas e a Unión Europea utilicen o portugués ou o tetún nas relacións institucionais coas autoridades timorenses.
Fonte: SIC Notícias
Unha científica do ámbito da neuroloxía afirma que as persoas que falan dúas linguas teñen cerebros moito máis saudables. Ellen Bialystok, unha distinguida investigadora de psicoloxía na Universidade de York en Toronto, Canadá, defendeu que falar dúas ou máis linguas habitualmente desde idades temperás pode ter un efecto positivo no cerebro e mesmo adiar os síntomas da enfermidade do alzhéimer.
Fonte: Daily News & Analysis
O Campus de Las Llamas da Universidade Menéndez Pelayo (UIMP) reabre as súas portas aos estudantes de español de todo o mundo que, durante os meses de verán, mellorarán os seus coñecementos en lingua e cultura españolas, coñecerán a comunidade cántabra e participarán en talleres prácticos.
Fonte: Europa Press
A Universidade de Alcalá de Henares (UAH) será a primeira universidade de España en impartir unha materia sobre lingua e cultura xitanas, segundo informou o centro nun comunicado.
Fonte: Europa Press
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza unhas xornadas para capacitar o seu profesorado colaborador na titorización dos primeiros cursos en liña de linguaxes específicas.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade Hebrea de Xerusalén e a empresa especializada no ensino de linguas en liña eTeacher Group anunciaron que incorporarán o yiddish, unha lingua falada por xudeus desde o século X, á súa oferta de linguas para estudantes de todo o mundo.
Fonte: News Blaze
Defensores da lingua galesa están considerando a posibilidade de emprender accións legais en Europa para deter os recortes radicais no financiamento público da canle de televisión en lingua galesa S4C. Opinan que se o goberno segue adiante cos seus plans podería producirse unha infracción da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Wales Online
O proxecto Breath of Life ("Sopro de vida") é un traballo conxunto de expertos da Universidade de Texas, en Arlington, e da Universidade de Oklahoma, no que indios americanos reciben unha formación para poder recuperar as súas linguas ameazadas.
Fonte: NewsOk
Ofrecer as principais pautas do traballo en promoción social da lingua galega. Ese é o obxectivo fundamental do Seminario de Iniciación á Dinamización da Lingua Galega desde as Entidades Locais, a primeira acción de formación nesta materia que organiza a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para os técnicos dos concellos e que se enmarca dentro da actividade da Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, presentou o seu “Euskal Herriko Udalen Izendegia” (Nomenclátor de municipios de Euskal Herria), que inclúe as denominacións das vilas de todos os territorios do éuscaro: Comunidade Autónoma de Euskadi, Navarra e Iparralde.
Fonte: Diario Vasco
Subscríbase ao boletín