Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2011

    Xabier Zabaltza falou sobre as luces e as sombras da situación do éuscaro, as teorías sobre a súa orixe, o seu percorrido histórico e as súas perspectivas de futuro ante unha atenta audiencia, durante a segunda xornada da Semana Vasca en Asunción.

    Fonte: La Región

    07 de xuño de 2011

    As probas de acceso á universidade inícianse o mércores día 8 de xuño en Euskadi e 3191 alumnos guipuscoanos presentaranse aos exames de selectividade. Destes, 2201 (o 70 %) farán a proba en éuscaro, mentres que os 856 restantes a realizarán en castelán.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    07 de xuño de 2011

    O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coas comisións de normalización existentes na Escola Politécnica Superior e a Escola Universitaria Politécnica do campus de Ferrol, puxo en marcha unha iniciativa coa que queren contribuír á dinamización e difusión do uso do galego nos contextos científico e técnico.

    Fonte: Diario de Ferrol

    07 de xuño de 2011

    Arredor de 270 alumnos dos colexios de educación primaria, secundaria e bacharelato de Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Lobios ou Ramirás participaron no I Encontro escolar pola normalización da lingua galega en Terra de Celanova–Baixa Limia.

    Fonte: La Región

    07 de xuño de 2011

    En Israel existen 1,2 millóns de fogares de lingua árabe que están privados do acceso á información local na súa lingua e que botan man de canles internacionais por satélite para poder recibir contidos televisivos independentes en árabe. Esta situación está a piques de cambiar xa que Hala TV se converterá na primeira canle independente de Israel en lingua árabe despois de que o Ministerio de Comunicacións israelí lle outorgase o correspondente permiso de emisión.

    06 de xuño de 2011

    Os obradoiros de lingua eyak, que se celebran no Museo de Anchorage en Alasca, contribuirán a que novos falantes aprendan esta lingua nun breve período de tempo. Guillaume Leduey, un cidadán francés de 22 anos que aprendeu de maneira autodidacta a lingua, imparte as sesións gratuítas xunto con Roy Mitchell, un sociolingüista da Universidade de Alasca en Anchorage.

    Fonte: KTUU.COM

    06 de xuño de 2011

    O tráfico quedou paralizado en Goa despois de que manifestantes saíran á rúa para protestar contra a decisión do goberno estatal de recoñecer o inglés como lingua de instrución nas escolas primarias. Os manifestantes temen que esta medida pode provocar unha redución das axudas destinadas ás escolas en lingua vernácula.

    Fonte: Hindustan Times

    06 de xuño de 2011

    O Goberno aprobou o pasado 23 de marzo o Programa Integral de Aprendizaxe de Lingua Estranxeira 2010-2020 cunha dotación económica de 119 millóns de euros que prevé “favorecer a emisión de programas e películas no seu idioma orixinal nos medios de comunicación”.

    Fonte: Público

    06 de xuño de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza nas próximas semanas as primeiras accións formativas da Rede de Dinamización Lingüística. Trátase de dous seminarios dirixidos aos técnicos das entidades que actualmente están adheridas á Rede: 83 concellos e tres mancomunidades, ademais do Consello da Cultura Galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2011

    O Ministerio de Asuntos Exteriores do Brasil anunciou a implantación dun programa de apoio e difusión do ensino de portugués nos descendentes de brasileiros que residen no estranxeiro. Este proxecto piloto será implantado na rexión de San Francisco, nos Estados Unidos, ao ser este o país con maior número de emigrantes brasileiros, un total de 1,2 millóns.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder