Italia e España presentaron unha queixa no Tribunal de Xustiza da Unión Europea pola discriminación que sofren as súas linguas nacionais no plan europeo de patentes aprobado polos outros 25 Estados membro.
Fonte: EU Observer
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Italia e España presentaron unha queixa no Tribunal de Xustiza da Unión Europea pola discriminación que sofren as súas linguas nacionais no plan europeo de patentes aprobado polos outros 25 Estados membro.
Fonte: EU Observer
Outra novidade do novo modelo lingüístico valenciano é que permite ás familias con residencia temporal en zonas valencianofalantes a exención do ensino na lingua autóctona se o solicitan.
Fonte: Levante-emv
A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco publicou 14 novos dicionarios terminolóxicos aprobados pola Comisión de Terminoloxía do Consello Asesor do Éuscaro. Ademais, completou a nova versión do Banco Terminolóxico Público Vasco Euskalterm, utilizando diferentes interfaces e dotándoo de novas funcións.
Fonte: Europa Press
Microsoft presentou a última versión do seu navegador, o Internet Explorer 9, en once linguas indias (asamés, bengalí, guxaratí, canarés, konkani, malabar, maratí, oriá, panxabi, támil e telugú).
Fonte: IT PRO INDIA
Emigrantes portugueses en Alemaña están preocupados pola situación da aprendizaxe da lingua portuguesa nese país e polo peche de asociacións culturais. Demandan máis apoio do Goberno portugués para buscar unha solución a estes problemas.
Fonte: Lusa
O modelo actual valenciano de tres liñas –ensino vehicular en castelán, en valenciano ou mixto- irase adaptando progresivamente a partir do próximo curso a “un modelo único a semellanza do galego”, no que non se poderá impartir menos dun terzo de castelán e de valenciano nin máis dun terzo de inglés.
Fonte: El País
A Fundación Pedrón de Ouro otorgou o premio homónimo á sindicalista galega Lidia Senra pola súa traxectoria a favor da defensa e promoción da cutura galega. Tamén foron designados como Pedrón de Honra os profesores da Universidade de Granada Andrés Pociña e Aurora López polas súas iniciativas en favor da lingua e cultura galegas.
Fonte: Galiciaé
Que se domine o castelán, éuscaro e unha terceira lingua, principalmente, inglés. Este é o obxectivo do proxecto educativo trilingüe que pretende estender o Goberno vasco. Ás 40 escolas nas que xa se imparte a experiencia de educación trilingüe de forma piloto, o ano que vén sumaranse 78 novos centros, entre públicos e privados.
Fonte: ADN
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de presentar en Bruxelas o curso multimedia de chinés que está a impulsar no marco do proxecto CHINESECOM (www.chinesecom.eu) na Conferencia “EU-China Conference on Multilingualism” (Conferencia sobre Plurilingüismo UE-China).
Fonte: Xunta de Galicia
Xa se coñecen os gañadores da XVII edición dos premios Lois Peña Novo. Un dos premios recaeu no Concello de Ames polo desenvolvemento dunha política lingüística dirixida ao fomento do uso do galego. Os outros dous premios foron para Alba Nogueira López, profesora de Dereito Administrativo, e Xosé Rodríguez Cruz, funcionario do Corpo Nacional de Policía na comisaría provincial de Ourense.
Fonte: Concello de Ames
Subscríbase ao boletín