Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de maio de 2011

    A Federación de Asociacións Culturais de Aragón Oriental (FACAO) únese á demanda da Plataforma Aragonesa “Non Falamos Catalán” para solicitar a “inmediata” modificación da Lei de patrimonio para substituír a referencia á lingua catalá pola lingua aragonesa e as súas modalidades.

    Fonte: Europa Press

    30 de maio de 2011

    O director xeral de Asuntos Relixioso sinala que os líderes espirituais “deben facer un esforzo para integrarse na cultura e falar a lingua propia [de Cataluña], sexa cal sexa a súa lingua de orixe, para evitar, precisamente, posibles guetos”.

    Fonte: La Voz de Barcelona

    30 de maio de 2011

    A proba de coñecementos de coreano (TOPIK) está gañando popularidade en Taiwán, pois máis persoas amosan interese en aprender esta lingua. O número de persoas que realizou o exame aumentou en porcentaxes de dous díxitos desde a súa introdución en 2005.

    Fonte: The China Post

    30 de maio de 2011

    Máis de 300 estudantes aprenderon lingua e cultura galegas en universidades do País Vasco durante o curso académico 2010-2011. Fixérono a través dos centros de estudos galegos cos que conta actualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística na Universidade do País Vasco (UPV) e mais na Universidade de Deusto.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de maio de 2011

    Arredor de 2000 horas de gravacións, con voces duns 7000 informantes, conforman na actualidade o Arquivo do Galego Oral (AGO), un proxecto no que o Instituto da Lingua Galega (ILG) vén investigando desde o ano 1974 e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de maio de 2011

    O presidente do Tribunal Supremo, Benjamin Odoki, aclarou que os dirixentes locais poden prestar xuramento nas linguas locais para evitar incomodidades, tal e como estaba pasando en varios distritos, xa que varios dirixentes locais non deron prestado os seus xuramentos en inglés.

    Fonte: All Voices

    27 de maio de 2011

    O presidente de Acción Cultural do País Valenciano (ACPV), Eliseu Climent, pediulle ao Estado que aplique a Carta Europea das Linguas que permite a interconexión entre radios e televisións públicas que se expresan en catalán, galego e vasco.

    Fonte: Galicia Hoxe

    27 de maio de 2011

    En dúas sentenzas o Tribunal Supremo volve darlles a razón aos pais duns alumnos que recorreron varias resolucións do departamento de Ensinanza sobre a inmersión lingüística.

    Fonte: ABC

    27 de maio de 2011

    O Goberno de Bengala Occidental decidiu recoñecer seis linguas, distintas do bengalí, faladas por minorías lingüísticas no país.

    Fonte: The Times of India

    27 de maio de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi, mantiveron un encontro institucional na sede do Parlamento de Euskadi.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder