Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2011

    As persoas xordas poden xa gozar da música hip-hop grazas ao novo traballo de “Rapsoda”, o primeiro rapeiro en España que utiliza lingua de signos nun videoclip.

    Fonte: Diario Siglo XXI

    23 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta pola potencialidade das letras galegas para impulsar a difusión e a promoción social do idioma propio de Galicia. Para isto, conta coa colaboración de entidades que son un referente neste ámbito, como é o caso do PEN Club de Galicia e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de maio de 2011

    O “Dicionario de lingua franca mariñeira do Mediterráneo”, do capitán de navío Pedro Fondevila, supón a obra máis completa editada ata a actualidade nesta materia ao recoller máis de 7800 voces e arredor de 9500 acepcións de palabras, das que 3000 non están incluídas no actual Dicionario da Lingua da Real Academia Española.

    Fonte: 20 minutos

    20 de maio de 2011

    En Colombia existen 68 linguas indíxenas, pero na actualidade hai só tres que son utilizadas por máis de 50 000 persoas. De feito, arredor do 30 % desas linguas corren o risco de desaparecer totalmente, alerta Daniel Aguirre, xefe do Centro para o Estudo de Linguas Aborixes da Universidade dos Andes, en Bogotá.

    Fonte: La Información

    20 de maio de 2011

    Un seminario organizado de forma conxunta pola Casa de América Latina de Lisboa, o Instituto Cervantes e o seu homólogo luso, o Instituto Camões, congregou a representantes de moi diferentes sectores para pór en común cal é a importancia de falar unha lingua que comparten centos de millóns de persoas.

    Fonte: ABC

    20 de maio de 2011

    Acaba de publicarse o primeiro libro infantil traducido ao tlingit, unha lingua de Alaska en perigo de extinción, coa esperanza posta en que axudará a manter viva esta lingua.

    Fonte: Guardian

    20 de maio de 2011

    Corenta son os anos que o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago leva dedicados ao estudo e promoción do galego. Numerosos proxectos, publicacións e iniciativas, algunhas delas decisivas, dan conta do traballo iniciado a comezos dos anos 70 por un grupo de investigadores liderado polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    19 de maio de 2011

    A Xunta de Galicia aposta polas tecnoloxías da lingua galega como obxectivo transversal de goberno. Con este fin, a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizou a xornada Letras Galegas e Internet, que busca contribuír á difusión das novas ferramentas tecnolóxicas en galego dispoñibles na rede, para que cada vez sexan máis coñecidas e utilizadas polo conxunto da cidadanía.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de maio de 2011

    Desde 2007, a rexión Mediodía-Pireneos persegue a posta en valor da lingua e a cultura occitanas. Durante a celebración da última comisión permanente, acordou unha axuda de máis de 630 000 euros a prol de 24 asociacións e organismos que traballan na súa promoción.

    Fonte: Toulouse 7

    19 de maio de 2011

    O Instituto de Estatística de Cataluña publicou na plataforma de datos de Google os principais indicadores municipais, que inclúen datos de coñecemento de catalán (entender, falar, ler e escribir) en valores absolutos e porcentaxes dos municipios e as comarcas de Cataluña.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder