Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de maio de 2011

    Un grupo de oito persoas, os últimos falantes da lingua busuu, falada en Camerún, loitan para que as súas palabras sexan relevantes na época do vídeo viral. Coa axuda dunha axencia española de publicidade especializada, os derradeiros falantes de busuu gravaron unha canción e un vídeo musical nesta lingua antiga para animar a outras persoas a aprendela.

    Fonte: The Washington Post

    18 de maio de 2011

    Pedro Mateo, un bolseiro posdoutoral en lingüística na Universidade de Harvard, xunto coa profesora de Lingüística da mesma universidade Maria Polinsky e varios compañeiros do seu laboratorio, axudan a preservar, promover e comprender mellor as antigas linguas maias.

    Fonte: PhysOrg

    18 de maio de 2011

    O Departamento de Cultura colaborará coas empresas editoriais mediante a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos derivados da edición en éuscaro, co fin de estimular a súa difusión e incentivar a publicación de obras literarias en éuscaro.

    Fonte: Europa Press

    18 de maio de 2011

    Máis de 400 persoas xordas reuníronse en Xaén para asistir á cuarta edición do Festival da Canción en Lingua de Signos Española organizado pola Asociación Provincial de Persoas Xordas de Xaén (APROSOJA).

    Fonte: Diario Signo

    18 de maio de 2011

    Grazas a unha axuda de 23 500 dólares do Fondo do Mar Negro do Fondo German Marshall, a Universidade Kadir Has de Estambul vai comezar a ofrecer clases de armenio este mes.

    Fonte: The New York times

    18 de maio de 2011

    O programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra nesta semana das Letras Galegas os seus últimos días de actividades dirixidas a promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra a dobre festividade do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, cunha xornada na que se presentarán diversos recursos en tecnoloxía lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    A Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, abreviado, NPLD) aprobou a adhesión da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao seu grupo técnico de traballo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski conmemoran o Día das Letras Galegas a través dunha campaña conformada por centos de carteis e 200.000 postais sobre o escritor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, que se difundirán desde os establecementos cos que conta a empresa en Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2011

    Alumnos e alumnas que estudan lingua e cultura galegas no IE Cañada Blanch de Londres participan estes días nun programa de estadía en Galicia que ten como obxectivo prioritario servir de reforzo á súa actividade académica nesta materia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder