Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de novembro de 2010

    A lingua vehicular da Universidade das Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións (UNU-IIAOC) que se instalará a partir do curso 2012-13 na cidade de Barcelona será o inglés e non o catalán ou o castelán.

    Fonte: ABC

    23 de novembro de 2010

    O escritor Xurxo Sierra Veloso recibiu o Premio Narrativa Breve Repsol pola súa obra Os fíos, nun acto que estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; polo vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo; e polo director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de novembro de 2010

    Con motivo da celebración do próximo Día das Letras Galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso a través do que os centros educativos poderán achegarse ao autor homenaxeado en 2011, Lois Pereiro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística inicia a terceira convocatoria de probas Celga deste ano. Estes días tiveron lugar as probas do Celga 4 e do Celga 2.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Federación de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos, Ferega-Ceca, na realización da VI Xornada de Normalización e Dinamización Lingüística, que nesta edición se centra nas posibilidades que ofrece a radio para promover o uso do galego desde os centros de ensino.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de novembro de 2010

    O programa de dinamización lingüística Bocaberta continúa o seu percorrido por todos os concellos de Galicia e desta vez faino coas estreas de Azou e Ola, ola, la!, dúas actividades coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os máis novos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa ata o 21 de novembro na vixésimo terceira edición Expolingua Berlín, onde este ano se dá cita un total de 50 idiomas e 200 expositores procedentes de 30 países.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de novembro de 2010

    Minicursos de iniciación á lingua galega, datos sobre a historia e a situación actual do idioma, información sobre os centros de estudos galegos das universidades estranxeiras e sobre os cursos de verán de lingua galega para estranxeiros en Galicia ou as últimas publicacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Estes foron algúns dos principais contidos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles ofreceu a través do seu stand ás máis de 10.000 persoas que visitaron a Expolingua Berlín.

    19 de novembro de 2010

    O atlas da Unesco sobre as linguas do mundo en perigo de extinción sitúa a Kenya entre os países que contan cun maior número de linguas extinguidas. Seis idiomas xa están clasificados como extinguidos e outros sete atópanse ameazados.

    Fonte: The East African

    19 de novembro de 2010

    O Departamento de Cultura do Goberno vasco destinará 200.000 euros e sacará a concurso en 2011 o proxecto de creación dunha enciclopedia dixital en éuscaro que contribúa á "normalización" do seu uso na sociedade.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder