Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de novembro de 2010

    A lingua e literatura catalá ensínase e apréndese na Universidade de Granada (UGR) cunha boa aceptación desde 1960/1961, antes incluso de que na Universidade de Barcelona estivese regulado.

    Fonte: Ideal

    25 de novembro de 2010

    O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa a cidadanía sobre o recoñecemento definitivo do idioma galego na Lei da comarca do Bierzo.

    Fonte: El Bierzo Digital

    25 de novembro de 2010

    A Fundación UNIR Bolivia e o Observatorio Nacional de Medios promoven o uso das linguas nativas nos medios de comunicación masiva para incentivar a reflexión sobre a interculturalidade.

    Fonte: Prensa Latina

    24 de novembro de 2010

    A empresa de venda en liña Amazon.com indicou que lanzou www.amazon.it, unha versión en italiano da súa páxina web.

    Fonte: Canadian Business

    24 de novembro de 2010

    Bankinter lanzou unha nova canle de relación para persoas xordas que utiliza as posibilidades de internet para ofrecer un asesoramento interactivo adaptado ás necesidades de comunicación destes clientes, a raíz dun convenio coa Confederación Nacional de Persoas Xordas (CNSE).

    Fonte: Europa Press

    24 de novembro de 2010

    Os funcionarios tomaron a decisión durante as conversas sobre a incorporación de Croacia unha vez que o capítulo de negociación sobre as institucións estaba pechado. Na maioría dos casos, a UE simplemente acepta a lingua oficial do país candidato como unha das súas linguas oficiais.

    Fonte: WAZ EUobserver

    24 de novembro de 2010

    O Instituto Etxepare puxo en marcha a iniciativa Euskara Mundiala, unha campaña para dar a coñecer o éuscaro a través de internet (na web www.euskaramundiala.net), na que poñerá a disposición dos cidadáns varias decenas de frases gravadas nese idioma para que as aprendan, as escoiten e repitan.

    Fonte: El País

    24 de novembro de 2010

    Trátase de Breogán’s Lighthouse, unha obra coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro na que colabora a Xunta de Galicia. A obra inclúe 150 autores e 285 textos en galego e traducidos ao inglés.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de novembro de 2010

    "O galego xa ten un prestixio cultural consolidado, agora cómpre insistir no seu prestixio social”, afirmou Anxo Lorenzo na inauguración do Ciclo Lingua e Xuventude, un Debate para o Futuro, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de novembro de 2010

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantiveron unha reunión coa directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, co fin de valorar novas propostas de colaboración para a realización de actividades conxuntas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder