Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de novembro de 2010

    Dous programas de televisión por internet afondan na situación do galego e difunden as iniciativas que se están a levar a cabo a prol do idioma. Trátase de Lingua, cámara, acción e A lingua galega na sociedade, que se emiten a través da canle Lingua Galega TV, de Acuarela Comunicación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de novembro de 2010

    O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu o acto de inauguración da Feira das Industrias Culturais Culturgal 2010, que reúne ata o 28 de novembro unha parte importante dos axentes do sector, así como máis de 150 horas de actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de novembro de 2010

    A Facultade de Dereito, unha das máis desgaleguizadas da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de comezar unha campaña para cambiar de tendencia. O obxectivo é que 30 de cada 100 horas de clases se impartan en galego.

    Fonte: Galicia Hoxe

    26 de novembro de 2010

    O Parlamento Europeo, nunha sesión na cidade francesa de Estrasburgo, aprobou unha resolución na que lles pide aos dirixentes chineses que respecten a lingua propia do pobo tibetano.

    Fonte: Phayul

    26 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística realiza os días 27 e 28 de novembro os últimos exames Celga deste ano. Trátase das probas correspondentes ao nivel 3, que terán lugar o sábado 27, e mais ao nivel 1, que se realizarán o domingo 28.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de novembro de 2010

    O conselleiro de Educación da Junta de Castela e León, Juan José Mateos, avanzou que o Goberno rexional traballa na elaboración dun memorando con Portugal para que o portugués sexa considerado como lingua estranxeira de opción curricular.

    Fonte: Europa Press

    25 de novembro de 2010

    "Aínda nos falta moito por avanzar na difusión do galego na xustiza; con todo, cada vez son máis os profesionais que incorporan o uso do idioma á súa actividade", asegurou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na IV Xornada Xustiza e Lingua: Reflexións para a Normalización.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de novembro de 2010

    A Sociedade Finlandia-Rusia fai un chamamento para que máis persoas aprendan ruso en Finlandia. A sociedade recomenda que se realice un curso piloto no leste de Finlandia, para o cal o Estado debería darlles financiamento aos municipios co fin de que organicen o ensino do ruso en grupos reducidos.

    Fonte: Helsinki Times

    25 de novembro de 2010

    Aínda que o inglés segue sendo a primeira lingua de comunicación internacional en internet, perdeu peso nos últimos 10 anos: de ter un dominio do 74 % pasou a posuír o 45. Mentres tanto, o castelán, que é a terceira, pasou do 3 ao 4 %.

    Fonte: El País

    25 de novembro de 2010

    A Sociedade de Xordos de Tanzania pediulles aos dirixentes dos partidos políticos do país que insten o Goberno a facer que a lingua de signos sexa constitucional. Segundo afirman, isto permitiría que fose unha das linguas obrigatorias en todos os lugares que ofrecen servizos sociais básicos.

    Fonte: The Citizen

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder