A porcentaxe dos cidadáns vascos que saben éuscaro pasou do 22 ao 37,5 % nos últimos 30 anos, segundo desvelou a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, con motivo da celebración do Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: EITB
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A porcentaxe dos cidadáns vascos que saben éuscaro pasou do 22 ao 37,5 % nos últimos 30 anos, segundo desvelou a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, con motivo da celebración do Día Internacional do Éuscaro.
Fonte: EITB
Sete linguas indíxenas foron recoñecidas legal e oficialmente polo Estado panameño, segundo publica o Boletín Oficial. Esta nova norma estableceuse nunha lei que recoñece a "diversidade cultural como un valor histórico e patrimonio da humanidade".
Fonte: Radio Nacional de Venezuela
Existen 39,4 millóns de usuarios en internet que falan coreano, o que representa un 2 % do total do mundo. O coreano sitúase como a décima lingua máis empregada en internet, segundo os datos publicados por Internet World Stats en xuño de 2010.
Fonte: The Korea Herald
O aumento do investimento chinés en Perú, así como o crecente comercio co país asiático, levou os estudantes e empresarios peruanos a incrementar o seu interese por aprender mandarín.
Fonte: Xinhuanet
As escolas poderán ofrecer linguas clásicas no canto de francés, alemán e español, o que representa unha das reformas no currículo, tal e como se revelou.
Fonte: Telegraph
A Universidade de Deusto celebra o Día Internacional do Éuscaro, que se conmemora o venres 3 de decembro, con diversos actos e conferencias nos seus campus de San Sebastián e Bilbao.
Fonte: Europa Press
A Plataforma pola Lingua no País Valenciano anunciou que elaborará unha enquisa sobre o uso do valenciano nos concellos. A entidade quere "coñecer de primeira man cal é a opinión dos cidadáns do País Valenciano ao respecto".
Fonte: Avui
Así se expresou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na ofrenda floral en recordo do escritor no día en que se cumpren 31 anos do seu pasamento.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, salientou a importancia de levar a cabo un “traballo coordinado e colaborativo entre administracións e institucións a prol do fomento do uso do galego”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con este proxecto de formación e divulgación lingüística e cultural que promove a Fundación Eduardo Pondal.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín