Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de novembro de 2010

    Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o galego na franxa máis nova da poboación, suma ás súas propostas o musical Ola, ola, la! e o obradoiro de hip-hop Azou.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de novembro de 2010

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou que a elaboración de materiais lexicográficos e terminolóxicos en galego axuda a afianzar a presenza e a vitalidade do idioma nos distintos sectores sociais.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de novembro de 2010

    O turcólogo Ruben Melkonyan afirmou que a comunidade armenia de Turquía se enfronta a numerosos problemas, incluíndo o da educación. Este indicou que, segundo unha enquisa, só o 18 % da comunidade armenia de Estambul sabe armenio e usa esta lingua.

    Fonte: PanArmenian

    16 de novembro de 2010

    Os centros educativos que obtiveron financiamento mediante a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego para o curso escolar 2010-2011 poderán xustificar os gastos ata o próximo día 11 de decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de novembro de 2010

    O congreso Fala 2010 reuniu en Vigo a arredor de 120 científicos e especialistas en tecnoloxías como a tradución automática e o recoñecemento de voz.

    Fonte: Código Cero

    15 de novembro de 2010

    Trinta e cinco millóns de euros é o que custa a rede de ensino do portugués no estranxeiro que o Instituto Camões "herdou" do Ministerio de Educación este ano.

    Fonte: Diário de Notícias

    15 de novembro de 2010

    O recurso, chamado Llenguatest Empresa, diríxese aos empresarios e ten como obxectivo coñecer globalmente a situación do catalán en calquera empresa.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de novembro de 2010

    A Organización das Nacións Unidas celebrou o primeiro Día da Lingua Chinesa como parte dunha iniciativa para promover a concienciación e o respecto pola historia, a cultura e os logros de cada unha das seis linguas oficiais do organismo mundial.

    Fonte: Xinhuanet

    15 de novembro de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Termigal, e en colaboración coa Real Academia Galega e a Fundación Galicia Empresa, impulsou esta ferramenta que busca facilitar a incorporación do galego ao ámbito socioeconómico.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de novembro de 2010

    O conselleiro de Educación da Generalitat Valenciana, Alejandro Font de Mora, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, solicitaron ao Ministerio que sexa necesaria a capacitación en lingua estranxeira para poder impartir nesta lingua a súa correspondente materia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder